Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 15 de xuño de 2021 Páx. 29807

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 71/2021).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 71/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Outeiral Lago contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2021

Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución da Sentenza 54/2020, do 13 de marzo, ditada no procedemento ordinario 623/2017, a favor da parte executante, Manuel Outeiral Lago, fronte a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. e Fogasa, parte executada, por importe de 6.676,48 euros en concepto de principal (4.928,58 euros en concepto de salarios, 1.747,90 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) respecto da cantidade anterior), máis outros 667,64 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpoñer recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza. A letrada da Administración de xustiza

Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2021

Parte dispositiva

Acordo, en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación nesta executoria da persistencia da declaración de insolvencia da parte executada, Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., dar audiencia previa á parte demandante, Manuel Outeiral Lago, e ao Fondo de Garantía Salarial, polo prazo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado acordarase o procedente.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS).

A letrada da Administración de xustiza

Para que sirva de notificación en legal forma a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza