Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 15 de xuño de 2021 Páx. 29846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 30 de abril de 2021, do Servizo de Mobilidade de Lugo, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres LU-00732-S-2021 e cinco máis.

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Lugo acordou a incoación dos expedientes sancionadores número LU-00732-S-2021 e cinco máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informados de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Lugo.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Lugo, 30 de abril de 2021

Mª del Pilar Represa Fernández
Xefa do Servizo de Mobilidade de Lugo

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF Denunciado

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

LU-00732-S-2021

0818-DXS

X9443137G

Transportar mercadorías perigosas carecendo do certificado de aprobación do vehículo expedido polo organismo competente, onde se acredite que responde ás prescricións regulamentariamente exixibles para o transporte a que vai destinado, así como levar este certificado caducado ou levar un distinto ao exixido para a mercadoría transportada.

1.2.2021; 11.05.

Avenida Terra Chá

Artigo 140.15.3 da LOTT

Artigo 197.16.3 do ROTT en relación co artigo 141.25 da LOTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.i) do ROTT

801 euros

LU-00733-S-2021

0818-DXS

X9443137G

Transportar mercadorías perigosas sen levar a bordo do vehículo unha carta de porte (ou calquera outra documentación exixible) que cubra todas as mercadorías transportadas, levala sen consignar cales son estas ou levala ilexible.

1.2.2021; 11.05

Avenida Terra Chá

Artigo 140.15.8 da LOTT

Artigo 197.16.8 do ROTT en relación co artigo 141.25 da LOTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.i) do ROTT

801 euros

LU-00734-S-2021

0818-DXS

X9443137G

Transportar mercadorías perigosas sen levar a bordo as instrucións escritas que resulten exixibles, así como levalas ilexibles.

1.2.2021; 11.05

Avenida Terra Chá

Artigo 141.5.1 da LOTT

Artigo 198.6.1 do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.f) do ROTT

801 euros

LU-00736-S-2021

0818-DXS

X9443137G

Transportar mercadorías perigosas carecendo dos extintores ou de calquera outro medio de extinción de incendios que resulte obrigatorio en función do vehículo ou da carga transportada, ou dispoñer duns cuxa correcta utilización non estea garantida.

1.2.2021; 11.05

Avenida Terra Chá

Artigo 141.5.3 da LOTT

Artigo 198.6.3 do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.f) do ROTT

801 euros

LU-00737-S-2021

0818-DXS

X9443137G

Transportar mercadorías perigosas incumprindo o disposto nas normas de aplicación relativas ao equipamento do vehículo ou dos membros da tripulación.

1.2.2021; 11.05

Avenida Terra Chá

Artigo 141.5.2 da LOTT

Artigo 198.6.2 do ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.f) do ROTT

801 euros

LU-00814-S-2021

0818-DXS

X9443137G

Transportar mercadorías perigosas carecendo das placas etiqueta, etiquetas ou calquera outra sinalización exixible relativa ás mercadorías contidas, así como levalas ilexibles.

1.2.2021; 11.05

Avenida Terra Chá

Artigo 197.16.5 da ROTT

Artigo 140.15.5 da LOTT en relación co artigo 141.25 da LOTT

Artigo 143.1 da LOTT

Artigo 201.i) do ROTT

801 euros