Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 15 de xuño de 2021 Páx. 29801

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 3/2020).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 3/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Silva Couto contra Expertus Servicios de Atención al Público, S.A., Expertus CPM, S.A., Expertus TRO, S.L., Expertus Logística Auxiliar, S.A.U. e Spirit of Expertus, S.L., con intervención do Fogasa, en reclamación por ordinario, se ditou sentenza núm. 239/2021, do 21 de abril de 2021, estimando a demanda, e contra a que non cabe interpoñer recurso de suplicación para o seu coñecemento pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por razón da contía. O texto íntegro da resolución está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Expertus Servicios de Atención al Público, S.A., Expertus CPM, S.A., Expertus TRO, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza