Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Martes, 15 de xuño de 2021 Páx. 29664

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2021 pola que se declara a área de rehabilitación integral de Beiramar-Vigo.

Denominación: área de rehabilitación integral de Beiramar.

Ámbito: grupo de vivendas de Beiramar-Vigo.

Clase: área de rehabilitación integral de ámbito urbano.

Antecedentes de feito:

1. O 13 de febreiro de 2021 o Concello de Vigo solicita a declaración de área de rehabilitación integral (en diante, ARI) do grupo de vivendas de Beiramar. Coa solicitude xúntase certificado do acordo da Xunta de Goberno local referido á sesión do pleno de 11 de febreiro de 2021, polo que se adopta, entre outros, o seguinte acordo:

«Solicitar da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, a declaración de área de rehabilitación integral xeral de Beiramar en Vigo segundo a delimitación que da devandita área se establece nos planos incluídos na memoria-programa de acordo coa clasificación prevista no artigo 9 do Decreto 18/2014».

2. O ámbito comprende o grupo de vivendas en Beiramar situado entre os números 145 e 157 da avenida de Beiramar, delimitado pola rúa Beiramar ao nordeste, espazo libre ao leste e parcelas privadas ao sur e oeste.

3. A declaración da ARI solicitada recibiu o informe favorable, tanto desde o punto de vista técnico e urbanístico como administrativo, das unidades competentes do IGVS.

Consideracións xurídicas e técnicas:

1. A Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, regula as ARI nos seus artigos 49 a 51. Concretamente o artigo 50.1.c) define as ARI de ámbitos urbanos como aquelas cuxo ámbito non pertenza a ningunha das categorías de ARI de conxuntos históricos nin rurais.

2. O Real decreto 106/2018, do 9 de marzo, polo que se regula o Plan estatal de vivenda 2018-2021, prevé o Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural.

3. O Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, polo que se determinan os aspectos básicos dos programas autonómicos de rehabilitación de vivendas e se dan as directrices para o desenvolvemento do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, regula no seu capítulo II, sección 2ª, artigos 8 e 9, o procedemento de declaración e as clases de ARI, respectivamente.

No expediente para a declaración desta ARI recóllense todos os aspectos sinalados no artigo 8.2 do Decreto 18/2014, do 13 de febreiro.

4. De conformidade cos artigos 49 da Lei 1/2019, do 22 de abril, e 8.1 do Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, as ARI declararanse por unha resolución da Presidencia do Instituto Galego da Vivenda e Solo, por solicitude dos concellos interesados.

Por todo o exposto, e de conformidade coas competencias atribuídas no artigo 49 da Lei 1/2019, do 22 de abril,

RESOLVO:

Declarar, ao abeiro dos artigos 49 e 50 da Lei 1/2019, do 22 de abril, e do artigo 9 do Decreto 18/2014, do 13 de febreiro, área de rehabilitación integral de ámbito urbano o grupo de vivendas de Beiramar, no termo municipal de Vigo, segundo o ámbito delimitado nos planos que se xuntan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2021

Ángeles Vázquez Mejuto
Presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

missing image file