Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 14 de xuño de 2021 Páx. 29412

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 163/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 163/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia da Fundación Laboral da Construción contra Hipólito Couselo Feáns, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que, admitindo integramente a demanda interposta pola Fundación Laboral da Construción contra Hipólito Couselo Feáns, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar ó demandante a suma de 355,44 euros, ademais da cantidade de 200 euros en concepto de honorarios.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso (artigo 191.2 da LRXS).

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación na forma legal a Hipólito Couselo Feáns, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza