Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 14 de xuño de 2021 Páx. 29317

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2021 pola que se establecen as condicións de adhesión á marca Fest Galicia para a temporada 2021 e para a realización de contratos de patrocinio con entidades privadas para festivais de música profesionais que se celebren ata o 31 de outubro de 2021 considerados estratéxicos para o territorio xa que xeran un retorno publicitario para as marcas Fest Galicia e Xacobeo Galicia 21.22 (código de procedemento CT302A).

A política cultural e turística do Goberno de Galicia demostrou que os recursos culturais poden converterse en produtos turísticos rendibles, sustentables, innovadores e xeradores de riqueza.

Os festivais profesionais privados xeran emprego e invisten no territorio, poñen en valor as industrias culturais e creativas, son factor de riqueza á vez que proxectan Galicia como destino musical e lle achegan visibilidade atraendo visitantes.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), en cumprimento da súa lei de creación, ten como obxectivo xenérico o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, cooperando na achega de factores produtivos, no fomento da oferta de bens e servizos e na asignación de ingresos eficientes e estables.

A Agadic ten como finalidade incrementar o posicionamento da industria cultural galega e o seu fomento e promoción para acadar maior presenza no ámbito nacional e internacional de Galicia, e contribuír á promoción do Xacobeo Galicia 21.22, como evento singular e único que será un magnífico escaparate para amosar todo o tecido cultural de Galicia.

Unha das fórmulas de promoción que mellor retorno sobre o investimento xeran é o patrocinio de grandes eventos de todas as índoles: culturais, artísticos, deportivos e outros. A razón pola cal os entes de promoción e os gobernos en xeral deciden apoiar economicamente este tipo de eventos é a importante repercusión mediática que xeran, de tal xeito que, en moitos casos, o investimento económico chega a multiplicarse de forma exponencial en función da importancia do evento.

É, por tanto, necesario apoiar aquelas actividades únicas que se desenvolvan dentro da Comunidade e que axudan a prestixiar o destino Galicia como foco de creación, exhibición e difusión cultural e sobre todo, contribuír á promoción internacional dos nosos creadores.

Co obxectivo principal de promover a industria cultural galega, naceu o programa de apoio aos festivais de música baixo a marca Fest Galicia. Este proxecto ten por obxectivo crear valor engadido nos festivais galegos a través da adopción das medidas necesarias para posicionalos como un produto cultural e turístico capaz de atraer visitantes, proxectar Galicia como destino musical, promover os festivais galegos dentro e fóra da Comunidade, poñer en valor as industrias culturais e creativas, vertebrar o territorio desde a sustentabilidade social e ambiental e visibilizar boas prácticas que sirvan como referencia para o sector. A marca acolle festivais que funcionan de xeito profesional e que se preocupan de achegar valores engadidos á experiencia musical.

A participación nesta convocatoria tanto para a adhesión á marca Fest Galicia como para a formalización de contratos privados de patrocinio con entidades privadas organizadoras dos festivais está suxeita aos principios de publicidade, transparencia, cooperación e eficiencia na utilización dos recursos públicos.

Con esta convocatoria preténdese apoiar os festivais xa consolidados que proxecten Galicia como destino musical dentro e fóra da Comunidade.

A convocatoria vai dirixida a empresas privadas organizadoras de festivais de música, sempre que a produción executiva corra a cargo dunha empresa produtora de festivais e que non supoña un factor de competencia desleal no sector. A Agadic realizará contratos de patrocinio privado da actividade que desenvolven que, pola súa importancia e relevancia en canto ao público que participa é a súa repercusión nos medios de comunicación, suporá unha gran relevancia e un bo retorno publicitario da nosa marca de festivais, da nosa marca turística e a difusión do Xacobeo Galicia 21.22.

A participación nesta convocatoria supón a aceptación dos termos e condicións establecidos, que se anexan a esta resolución.

A tramitación dos expedientes realizarase de acordo co establecido no anexo I (pregos de condicións xerais e técnicas do patrocinio) desta resolución.

Polo exposto, a Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar os pregos de condicións xerais e técnicas que deben rexer a adhesión á marca Fest Galicia e a tramitación dos expedientes de contratación que deriven das solicitudes de patrocinio con entidades privadas que organicen festivais de música profesionais que se celebren ata o 31 de outubro de 2021 considerados estratéxicos para o territorio xa que xeran un retorno publicitario para as marcas Fest Galicia e Xacobeo Galicia 21.22.

Segundo. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución e dos anexos que a acompañan.

Terceiro. Esta resolución terá efectos desde o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o director da Agadic no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tamén se pode interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte da publicación no DOG, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2021

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO I

Pregos de condicións xerais e técnicas que rexerán a adhesión á marca Fest Galicia para a temporada 2021 e a tramitación dos expedientes de contratación que deriven das solicitudes de patrocinios con entidades privadas para festivais de música profesionais que se celebren ata o 31 de outubro de 2021 considerados estratéxicos para o territorio xa que xeran un retorno publicitario para as marcas Fest Galicia e Xacobeo Galicia 21.22

1. Ámbito obxectivo, tipoloxía e necesidade para satisfacer.

O obxecto desta convocatoria, pública e aberta, é ofrecer a posibilidade de adhesión de festivais de música á marca Fest Galicia e de realizar contratos privados de patrocinio para a celebración de festivais de música consolidados que se celebren ata o 31 de outubro de 2021 e que xeren un retorno publicitario para as marcas Fest Galicia, Xacobeo Galicia 21.22 (código de procedemento CT302A).

O ámbito territorial esténdese a toda Galicia.

A finalidade da realización da convocatoria é difundir a imaxe de Galicia vinculada á actividade desenvolvida polas entidades privadas e que, pola súa importancia e relevancia en canto ao público que participe e a súa repercusión nos medios de comunicación, supoñan unha vía para dar publicidade ás marcas Fest Galicia e Xacobeo Galicia 21.22, segundo os respectivos manuais de identidade corporativa vixentes.

Por tanto, o elemento fundamental do contrato de patrocinio é a repercusión mediática para as marcas.

O obxectivo principal destes festivais é promover a industria cultural galega creando valor engadido nos festivais musicais galegos a través da adopción das medidas necesarias para posicionalos como un produto cultural e turístico capaz de atraer visitantes, proxectar Galicia como destino musical, promover os festivais galegos dentro e fóra da Comunidade, poñer en valor as industrias culturais e creativas, vertebrar o territorio desde a sustentabilidade social e ambiental e visibilizar boas prácticas que sirvan como referencia para o sector.

Para poder adherirse á marca Fest Galicia e poder optar a esta convocatoria, os festivais de música, ademais de someterse á normativa básica en materia de espectáculos públicos e demais lexislación aplicable, deberá cumprir os seguintes requisitos:

• Que se celebren ata o 31 de outubro de 2021, ambos os dous días incluídos.

• Que teña realizado con anterioridade dúas edicións.

• Que tivesen un orzamento superior aos 100.000 € (sen IVE) na edición do 2019. Para estes efectos enténdese por orzamento subvencionable todos os gastos pagados pola empresa promotora en concepto de pago de cachés, produción e comunicación dos eventos. Así mesmo, considéranse gastos subvencionable os derivados da dotación de premios, da xestión dos dereitos de autor ou os gastos xerais e de persoal asociados ao desenvolvemento do proxecto (ata un máximo do 30 % do proxecto presentado).

• Que programen un mínimo de dous artistas por día durante, cando menos, dous días consecutivos.

• Que programen un mínimo de tres artistas galegos.

• Que o 95 % da súa capacidade sexa cuberta por medio de entradas postas á venda ao público en xeral, conforme prezos medios de mercado.

• Que implanten algunha medida preventiva ou coercitiva fronte a posibles impactos ambientais como medidas contra a xeración de residuos, emisións á atmosfera, xeración de ruídos, eficiencia enerxética, utilización de produtos reciclados ou reutilizados.

• Que dispoñan dun plan de igualdade e sustentabilidade.

• Que apliquen todas as medidas en materia de seguridade e saúde indicadas nos protocolos sanitarios anti-Covid vixentes no momento de celebración do festival.

2. Ámbito subxectivo.

A convocatoria vai dirixida ás empresas privadas organizadoras de festivais de música, sempre que a produción executiva corra a cargo dunha empresa produtora.

Para os efectos desta convocatoria enténdese por empresa produtora a empresa promotora do festival baixo cuxa responsabilidade e medios se desenvolve toda a xestión e produción do evento.

Esta convocatoria parte da base de que son os promotores do festival os que asumen toda a organización, por iso solicitan a achega para apoiar a súa celebración, xa que consideran que pode ter repercusión na estratexia cultural e turística e que a achega pública mellora a rendibilidade, en concepto de imaxe e notoriedade.

No suposto de entidades que xestionen diversos festivais, deben presentar unha solicitude para cada evento concreto para o cal soliciten o patrocinio.

Serán á conta do patrocinado a obtención das oportunas autorizacións, permisos e licenzas, así como a obtención dos dereitos derivados da propiedade intelectual xerados como consecuencia da execución dos festivais, correndo pola súa conta o aboamento de tales dereitos e respondendo fronte aos titulares pola súa utilización ilexítima.

3. Requisitos e acreditación da solvencia.

1º. Como requisito de solvencia económica ou financeira os solicitantes deberán dispoñer dun seguro de indemnización por riscos profesionais vixente ata un mes despois da data de finalización do actividade patrocinada, por importe igual ou superior a 50.000 €.

A acreditación deste requisito efectuarase ben por medio do certificado expedido polo asegurador, en que consten os importes e riscos asegurados e a data de vencemento do seguro; ou ben mediante un compromiso vinculante de subscrición, no caso de asinarse o patrocinio, do seguro exixido, garantindo o mantemento da cobertura do dito seguro durante toda a execución do contrato, mediante un documento de compromiso vinculante de subscrición, prórroga ou renovación do seguro, nos casos en que proceda.

2º. Como requisito de solvencia técnica os solicitantes deberán dispoñer de experiencia na prestación de servizos de igual ou similar natureza que os que constitúen o obxecto do contrato.

A solvencia técnica acreditarase pola realización de polo menos un traballo consistente na organización de festivais musicais de pagamento, durante os últimos dous anos e por un importe unitario polo menos igual ou superior aos 100.000 € (sen IVE), indicando o importe, data e características do evento.

4. Orzamento da convocatoria.

4.1. Esta convocatoria ten un orzamento total máximo de 500.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 10.A1.432B.640.1, proxecto 2020 00001, dos orzamentos xerais da Axencia Galega das Industrias Culturais para o ano 2021.

4.2. Co fin de optimizar os recursos existentes e para poder realizar unha asignación máis equitativa, establécese un importe máximo do prezo do patrocinio por entidade de 50.000 € (con IVE), cun valor estimado de 41.322,31 € que se modulará conforme as seguintes contraprestacións:

1. Contraprestacións mínimas:

O patrocinado deberá ofrecer como mínimo as seguintes contraprestacións:

□ Presenza das marcas Xacobeo Galicia 21.22 e Xunta de Galicia na publicidade do festival, en medios e nas accións de promoción e comunicación: cartelaría, roldas de prensa, materiais audiovisuais, anuncios.... A colocación das marcas terá que ser aprobada pola Agadic con anterioridade á produción dos materiais.

□ Posta á disposición de 10 aboamentos/entradas para sorteo en redes sociais.

A contía do patrocinio, polas contraprestacións mínimas recollidas neste punto, poderá alcanzar ata un máximo de 19.000 € e determinarase conforme a repercusión do ano 2019 nos seguintes criterios:

Asistentes con entradas de pagamento totais en 2019

Máis de 25.000

Ata 8.000 €

Entre 10.000 e 24.999

Ata 6.000 €

Entre 5.000 e 9.999

Ata 4.500 €

Ata 4.999

Ata 3.500 €

Retorno económico en Galicia en 2019*

Máximo 6.000 €

Máis de 1.500.000 €

Ata 6.000 €

Máis de 800.000 e 1.499.999 euros

Ata 4.500 €

Entre 400.000 e 799.999 euros

Ata 3.000 €

Entre 50.000 e 399.999 euros

Ata 2.000 €

Número de artistas por primeira vez en Galicia presentes no festival en 2019

Máximo 5.000 €

6 ou máis

Ata 5.000 €

Entre 3 e 5

Ata 3.000 €

Entre 1 e 2

Ata 1.500 €

* Para avaliar este criterio presentarase o último informe dispoñible do Festival, que non poderá ser alén do 2018.

2. Elementos publicitarios ofrecidos, que deben incluír sempre a produción dos materiais necesarios, cun máximo de 31.000 €:

Elementos publicitarios

 

Máximo

31.000 €

Naming e imaxe escenario Fest Galicia e/ou Xacobeo Galicia 21.22.(*)

Escenario principal ou outro escenario que será autorizado pola Agadic

Ata 10 .000 €

Ata 5.000 €

Presenza de banner na web oficial (incluír medidas na proposta) e nas comunicacións

Coa imaxe de Fest Galicia-Xacobeo Galicia 21.22 e Xunta de Galicia

Ata 5.000 €

Publicidade en pulseiras Fest Galicia (mínimo) e outros soportes non convencionais

Coa imaxe de Fest Galicia-Xacobeo Galicia 21.22 e Xunta de Galicia

Ata 6.000 €

Proposta alternativa de visibilización física ou en redes sociais das marcas

Coa imaxe de Fest Galicia-Xacobeo Galicia 21.22 e Xunta de Galicia

Ata 10.000 €

(*) Na proposta deberán aclararse os elementos de visibilización do escenario (cobrepeas, corpóreos, frontais, etc). O escenario secundario, extraordinariamente, poderá ser substituído por unha área de programación, logo de aceptación da Agadic.

4.3. Todos os importes levarán o importe máximo da súa categoría, a menos que se exceda o crédito, no cal haberá unha rebaixa proporcional. Excepción a isto será o importe da proposta alternativa, que será valorada pola dirección da Agadic en función do seu contido, co límite máximo de 10.000 euros.

4.4. Este patrocinio é compatible coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais, pero o seu importe en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada, segundo se establece no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. No caso de percibirse outras axudas, deberase acreditar documentalmente a súa natureza e contía, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución das actuacións. A comunicación deberá efectuarse tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

En todos os casos, os importes a que se fai referencia neste punto inclúen os impostos.

5. Solicitude, forma de presentación e prazo de presentación de solicitudes.

5.1. Os solicitantes deben presentar a solicitude de adhesión á marca Fest Galicia e de patrocinio, segundo o modelo do anexo II, que se dirixirá á Agadic, no cal se recolle un formulario cos seguintes datos:

– Nome ou razón social da persoa solicitante.

– Nome comercial.

– Datos do representante legal do solicitante.

– Nome do festival.

– Lugar de celebración.

– Número de edicións celebradas.

– Datas de celebración.

– Nomes e/ou número de artistas programados por día.

– Compromiso de programación de artistas galegos.

– Compromiso de elaboración de plans de igualdade e sustentabilidade.

– Porcentaxe de entradas posta á venda.

– Orzamento total do festival con e sen IVE.

– Importe solicitado de patrocinio.

5.2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

5.3. O prazo de presentación das solicitudes será de quince (15) días hábiles, desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

6. Documentación complementaria.

6.1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

6.1.1. Documentación administrativa: documentación relacionada coa entidade solicitante:

a) DEUC, documento europeo único de contratación que confirma que o operador económico cumpre as condicións seguintes:

– Cumpre as condicións establecidas legalmente para contratar coa Administración.

– Que non se encontra en ningunha das situacións de exclusión ou posible exclusión previstas na normativa de contratos (prohibicións de contratar).

– Que cumpre os criterios de selección pertinentes (os criterios de solvencia).

Pode accederse ao formato electrónico en http://ec.europa.eu/growth/tools-databases/espd/filler?lang=es. O formulario, dispoñible en castelán, poderá, nese sitio, cubrirse e imprimirse para enviar ao órgano de contratación xunto co resto da oferta.

Tamén pode accederse ao formulario DEUC na web da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, na epígrafe da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, en formato odt:

– Versión en galego:

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/xunta-consultiva-decontratacion-administrativa/procedemento-de-contratacion

– Versión en castelán:

http://www.conselleriadefacenda.es/é/areas-tematicas/patrimonio/xunta-consultiva-decontratacion-administrativa/procedemento-de-contratacion

Para facilitar a súa elaboración, pode consultar as instrucións para completar o formulario DEUC no anexo III.

b) Declaración complementaria ao DEUC que figura como anexo IV desta resolución.

c) Memoria que acredite as razóns técnicas ou artísticas ou os motivos polos que só poida encomendarse a un empresario determinado para xustificar a non competencia por razóns técnicas de conformidade co establecido no artigo 168.a).2 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

6.1.2. Documentación técnica:

Os solicitantes terán que presentar:

a) Anexo V co resumo da súa proposta técnica onde especificarán cales serían as contraprestacións das relacionadas no punto 4 destes pregos, así como calquera outra documentación complementaria á súa proposta técnica.

b) Memoria do festival, cun máximo de 30 páxinas, en que se recollan de xeito detallado os seguintes aspectos:

– Antecedentes, traxectoria, historia.

– Perfil do público a que se dirixe.

– Obxectivos xerais e específicos que se queren acadar con este festival.

– Beneficios que reportará ás marcas.

– Entidades implicadas (indicar as entidades, tanto públicas como privadas, que avalan ou dan apoio ao desenvolvemento do festival).

O envío da solicitude por si soa sen que se xunte a documentación administrativa e técnica, antes indicada, constituirá causa de inadmisión da citada solicitude.

6.2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán recabados electrónicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

6.3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

6.4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

6.5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

7. Comprobación de datos.

7.1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

– DNI ou NIE da persoa solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

7.2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

7.3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

7.4. No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo pola Agadic dean como resultado que o solicitante ten débedas ou obrigas con algunha destas administracións, requirirase o solicitante para que regularice a situación e presente por si mesmo o correspondente certificado.

8. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar após a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

9. Procedemento administrativo de adxudicación.

Constituirase unha comisión técnica e de negociación, formada pola persoa responsable da Xerencia da Agadic, a persoa responsable da sección xurídica da Agadic e unha persoa do elenco técnico da Axencia Galega de Industrias Culturais, que se encargarán da revisión da documentación.

9.1. Fase administrativa, revisión da documentación administrativa:

A comisión técnica e de negociación examinará a documentación administrativa.

No caso de que sexa necesaria a emenda dalgún documento de carácter administrativo, requirirase á entidade interesada a documentación administrativa que falte, concedéndolle un prazo de 3 días hábiles para a presentación da documentación requirida, coa advertencia expresa de que, en caso de non facelo así, se considerará desistida e arquivarase a súa solicitude, segundo o que dispón o artigo 68 da Lei 39/2015.

O requirimento da documentación realizarase por medios electrónicos de forma que quede constancia no expediente.

9.2. Fase técnica: revisión da documentación técnica.

Unha vez finalizada a revisión da documentación administrativa, a comisión levará a cabo a revisión da proposta técnica de todos aqueles solicitantes que presentasen correctamente a documentación administrativa ou a emendasen de xeito correcto, para determinar o cumprimento ou non dos requisitos técnicos exixidos de acordo co que se establece nestes pregos.

Na fase de negociación poderase intentar lograr unha mellora ou aclaración da proposición no que respecta aos elementos publicitarios ofrecidos. Para estes efectos a comisión poderá convidar os solicitantes a negociar a proposta presentada, indicando os aspectos de negociación previstos e poñendo no seu coñecemento as características e vantaxes da súa proposición.

Os solicitantes poderán presentar nun prazo de tres días a súa contestación, que poderá reformular ou mellorar os termos da súa oferta inicial ou indicar que se mantén nos termos orixinais.

Unha vez revisado que a proposta se axusta ás bases da convocatoria, a comisión dará traslado dos resultados ao órgano de contratación, xunto co expediente correspondente á fase de negociación e un informe técnico coa valoración das ofertas presentadas.

9.3. Adxudicación e formalización do patrocinio.

Unha vez aceptada a proposta da Comisión, a Agadic requirirá aos interesados para que dentro do prazo de 10 días hábiles presenten a documentación acreditativa do cumprimento de requisitos previos:

• A personalidade xurídica do empresario e, se for o caso, a súa representación. Con todo, o órgano de contratación poderá requirir a achega de documentación complementaria se é necesaria para acreditar que o obxecto social da empresa é adecuado ao obxecto do contrato. No que se refire á personalidade xurídica do empresario, deberá achegarse só no caso de que os/as solicitantes se teñan oposto expresamente a súa consulta pola Agadic.

• Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica ou profesional.

• Documentación xustificativa de atoparse ao día no cumprimento das obrigas tributarias (coa Facenda estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e de estaren dadas de alta no imposto sobre actividades económicas) e de atoparse ao día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social. Esta documentación deberá achegarse só no caso de que os/as solicitantes se teñan oposto expresamente á súa consulta pola Agadic.

O prazo para a adxudicación do contrato será de 5 meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se transcorre o prazo para adxudicar os contratos sen que a adxudicación teña lugar, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

O órgano de contratación realizará a adxudicación do contrato privado, e posterior formalización do contrato no cal constarán as obrigacións de ambas as partes, as contraprestacións que recibirá a Agadic e a forma de xustificar o patrocinio en función das características do festival.

No contrato especificaranse as condicións para o uso das marcas e constará expresamente a cesión á Agadic da imaxe do festival para usos non comerciais.

Este contrato terá que asinarse no prazo máximo dun mes desde a adxudicación do contrato e sempre antes do inicio do festival. En caso contrario, a Agadic poderá resolver non levalo a cabo.

O patrocinado facilitará o seguimento e control do contrato asinado e, concretamente, da presenza das marcas en todos os medios e materiais que se establezan no contrato.

As marcas de Fest Galicia e Xacobeo Galicia 21.22 deberán figurar tanto nos elementos de promoción previa ao proxecto ou acción, como nos da promoción que levará a cabo durante o desenvolvemento do proxecto ou na repercusión posterior aos diferentes medios de comunicación.

No caso de que a Agadic comunicase discrepancias respecto á aplicación das marcas, a entidade comprométese a realizar as actuacións necesarias de alteración ou rectificación necesarias.

10. Xustificación e pagamento.

10.1. A xustificación técnica do festival terase que presentar con anterioridade á presentación da factura, dentro dos 15 días seguintes á celebración do festival.

A achega da Agadic farase efectiva unha vez finalizada a acción obxecto de patrocinio e coa presentación por parte da entidade dunha memoria xustificativa da acción realizada. Este documento terá que ir acompañado dunha declaración responsable do gasto efectivamente efectuado do proxecto.

A entidade terá que acreditar, en calquera caso, o cumprimento das obrigas do contrato de patrocinio mediante a seguinte documentación, numerada seguindo a seguinte orde:

1. Anexo VI debidamente asinado.

2. Declaración responsable do gasto efectivamente efectuado do festival, de que os datos e documentos referidos á xustificación son certos e que o festival se levou a cabo segundo se describe na memoria, cumprindo, por tanto, co fin que serviu de fundamento para a realización do contrato privado de patrocinio, e das axudas ou patrocinios recibidos.

3. Memoria do proxecto. Datas de celebración, artistas participantes, número de asistentes, datos do impacto económico en Galicia, nomes dos artistas que actuaron por primeira vez en Galicia, nomes dos artistas galegos presentes no festival, explicación das medidas medioambientais tomadas.

4. Reportaxe fotográfica (preferiblemente en alta resolución) do proxecto. Para acreditar a presenza en presentacións, roldas de prensa para promocionar o festival, entregar fotografías ou copias onde aparezan os representantes que asistiron.

5. Investimento no Naming escenario Fest Galicia e/ou Xacobeo Galicia 21.22 e nas restantes contraprestacións acordadas no contrato de patrocinio. Separar cada contraprestación, incluíndo custo e foto.

6. Folletos, flyers, guías, catálogos, pósters, mapas, entradas, pulseiras, camisetas, gorras, bolsas, merchandising,... Acreditar o material con fotografías ou copias, achegando a factura onde se detalle a cantidade producida.

7. Copia dos plans de sustentabilidade e igualdade do festival.

8. Copia da licenza de actividade.

9. O material audiovisual (preferiblemente en alta resolución) realizado durante o desenvolvemento do proxecto patrocinado.

10. Resumo da repercusión mediática:

Clipping con valor económico equivalente e investimento publicitario en medios (impresos: revistas e prensa escrita; radio y televisión; anuncios exteriores, soportes en liña, web propia e outros, audiovisuais e en liña) co valor económico equivalente ou calquera outro sistema de medición do impacto comunicativo.

– Custe económico do investimento en medios feita polo festival:

En relación cos distintos medios:

Revistas e prensa escrita.

Noticias: acreditar con recompilación de recortes de prensa, copia da páxina completa onde quede constancia do medio de comunicación e a data da súa publicación.

Anuncios: acreditar con certificado do medio onde se indique o importe de tarifa da inserción ou o formato e data de publicación. Na súa falta, copia da publicación ou factura

Núm.

Nome do medio de comunicación

Formato*

Data de publicación

Anuncio: inclúe marca/logo/mención

Descrición doc. acreditativa

Observacións

Valoración entidade

* Indicar o formato da publicación. Exemplo: cor-laborable-páxina impar. Exemplo: B/N Domingo-módulo 4×3-par.

Radio e televisión:

Noticias: acreditar con copia en soporte dixital a emisión da noticia, ademais de cubrir e asinar este anexo.

Anuncios: acreditar con certificado do medio onde se indique o importe de tarifa da inserción ou a duración, data e franxa horaria da inserción. Na súa falta, factura da inserción.

Anuncios exterior: paneis, autobuses, marquesiñas, mupis….

Anuncios: acreditar con certificado do medio onde se indique o importe de tarifa da inserción ou o formato e período de visibilidade. Na súa falta, factura da inserción.

Soportes en liña: revistas e prensa en liña.

Noticias: acreditar con recompilación de recortes de prensa (captura de pantalla) onde quede constancia do medio de comunicación e a data da súa publicación.

Anuncios: acreditar con certificado do medio onde se indique o importe de tarifa da inserción ou o formato e data de publicación. Na súa falta, factura da inserción.

* Indicar o formato da publicación: exemplo: robapáxinas 300×300 portada. Exemplo: banner, megabanner.

Redes sociais e xestores de contidos: Facebook, Twitter, Instagram, YouTube, retransmisión en streaming

Noticias/Información: entregar todas as publicacións (post, twits, publicacións…) realizadas no medio, ademais dos seguintes datos, segundo a rede social que se xustifique.

Entregar copia do informe que xera a mesma ferramenta da rede social.

– Facebook e Twitter: Indicar o alcance ou impresións do período de tempo seleccionado, que poderá ser, como máximo, desde a presentación da solicitude á Agadic ata a data de presentación da documentación xustificativa.

– Instagram, YouTube, retransmisión en streaming fóra de redes sociais: Indicar o sumatorio do número global de impresións ou visualizacións en relación con todas as publicacións/retransmisións que fagan referencia ao acontecemento/proxecto.

Anuncios: acreditar con certificado do medio onde se indique o importe de tarifa da inserción. Na súa falta, factura da inserción.

Web propia do proxecto:

Entregar impresión da portada onde se visualice as marcas Fest Galicia, Xunta de Galicia e Xacobeo Galicia 21.22.

Como norma xeral calcularase CPM 96 € por cada web propia do proxecto. No caso de querer xustificar máis de 1.000 impactos, é necesario presentar un informe obtido a través dunha plataforma de control (exemplo: Google Analitycs) onde se detalle o número de usuarios únicos obtidos.

Unicamente se terán en conta as xustificacións publicadas/emitidas desde a data de presentación da solicitude á Agadic ata a entrega da documentación xustificativa, sempre que vaian dirixidas a promocionar o proxecto patrocinado.

Os patrocinados terán que numerar cada unha das accións promocionais/publicitarias que se presenten. Tamén terán que facer corresponder a mesma numeración coa documentación acreditativa relativa ao concepto descrito.

10.2. A aceptación do patrocinio implica que o material gráfico, fotográfico e audiovisual presentado nas xustificacións poderá ser utilizado pola Xunta de Galicia para a súa difusión e uso en actividades estratéxicas.

10.3. O valor económico da repercusión mediática do patrocinio debe ser igual ou superior á cantidade outorgada pola Agadic. No caso de que o valor económico da repercusión mediática sexa inferior, só se aboará a cantidade proporcional equivalente ao xustificado.

Non se procederá ao pagamento ao patrocinado ata que se cumpra coa presentación da xustificación e esta sexa conformada pola Agadic.

A xustificación deberase presentar por medios electrónicos antes do 31 de outubro de 2021. No caso de que a documentación presentada non estea correcta ou sexa insuficiente, a Agadic poderá requirirlles a emenda, para o cal se outorgará un prazo de 10 días hábiles.

A Axencia Galega das Industrias Culturais reserva para si a potestade de realizar a posteriori unha comprobación por mostraxe da xustificación económica.

En todo caso, a forma de presentar a xustificación das accións realizadas incluirase no contrato que se formalice, adaptándoa á tipoloxía do festival.

Unha vez validada a xustificación técnica, a Agadic comunicarao ao adxudicatario para a presentación da factura correspondente.

11. Resolución do patrocinio.

O contrato extinguirase pola súa resolución, acordada pola concorrencia dalgunha das seguintes causas:

a) A falsidade dos datos achegados.

b) A extinción da personalidade xurídica de calquera das partes.

c) O acordo mutuo de partes.

d) O incumprimento total ou parcial de todas ou algunha das condicións xerais e particulares pactadas.

e) A realización por parte do patrocinado, de actuacións que a xuízo da Agadic sexan contrarias aos obxectivos e finalidade da Agadic.

12. Confidencialidade.

Calquera información confidencial revelada pola Agadic á entidade con que se formalicen patrocinios obxecto desta convocatoria durante a súa vixencia manterase con carácter estritamente confidencial para o receptor, que se comprometerá a utilizar esta información unicamente para a finalidade para a que lle foi revelada polo emisor, excepto imperativo legal.

O receptor protexerá a información confidencial do emisor contra calquera uso non autorizado ou revelación a terceiros da mesma maneira que protexe a súa información confidencial. O acceso a esta información quedará restrinxido só a aqueles empregados da entidade colaboradora que deban coñecelo para cumprir co proxecto que se vai desenvolver.

13. Réxime xurídico aplicable.

De acordo co establecido no artigo 26.2 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, que considera como regra xeral os patrocinios como un contrato privado, deben rexerse en canto á preparación e adxudicación, en defecto de normas específicas, pola sección 1 e 2 do capítulo I do título I do libro II desa lei, e nas disposicións de desenvolvemento, aplicando supletoriamente as restantes só de dereito administrativo ou, se procede, as normas de dereito privado, segundo corresponda por razón do suxeito ou entidade, contratante. En canto aos seus efectos e extinción, rexerase polo dereito privado.

14. Notificación electrónica.

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde á posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

16. Transparencia e bo goberno.

Os contratos de patrocinio publicitario que se asinen en virtude da presente convocatoria estarán sometidos ao réxime de publicidade establecido en materia de contratación pública nos artigos 4 e 13 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2021. Jacobo Sutil Nesta, director da Axencia Galega das Industrias Culturais.

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Orientacións para cubrir o DEUC

CT302A-ADHESIÓN Á MARCA FEST GALICIA E REALIZACIÓN DE CONTRATOS DE PATROCINIO CON ENTIDADES PRIVADAS PARA FESTIVAIS DE MÚSICA PROFESIONAIS ESTRATÉXICOS PARA O
TERRITORIO XA QUE XERAN UN RETORNO PUBLICITARIO PARA AS MARCAS FEST GALICIA
E XACOBEO GALICIA 21.22

Para facilitar a formalización por parte das empresas do modelo de formulario normalizado do DEUC que establece o anexo II do Regulamento (UE) nº 2016/7, formúlanse a seguir as seguintes orientacións:

a) De conformidade co establecido na parte II, sección A, quinta pregunta, dentro do punto titulado «Información xeral», do formulario normalizado do DEUC, as empresas que figuren inscritas nunha «lista oficial de operadores económicos autorizados» só deberán facilitar en cada parte do formulario aqueles datos e informacións que, no seu caso concreto, non estean inscritos nestas «listas oficiais». Así, en España as empresas non estarán obrigadas a facilitar aqueles datos que xa figuren inscritos de maneira actualizada no rexistro de licitadores que corresponda, xa sexa no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado (ROLECSP) ou o Rexistro Xeral de contratistas de Galicia (RXC-Galicia) co alcance previsto no artigo 339 da LCSP, coa condición de que as empresas inclúan no formulario normalizado do DEUC a información necesaria para que o órgano de contratación poida realizar o acceso correspondente (enderezo da internet, todos os datos de identificación e, se é o caso, a necesaria declaración de consentimento).

Para o caso de que a empresa se atope inscrita no ROLECSP ou no RXCG, a seguir esta recomendación indica, respecto de cada unha das partes do formulario, que datos son susceptibles de figurar inscritos nos rexistros e cales non. Dado que algúns destes datos deben ser subministrados, en todo caso, pola empresa e outros son voluntarios, limitarémonos a sinalar en cada caso se os datos que reclama o formulario son ou non son potencialmente inscritibles, e a empresa debe asegurarse de cales efectivamente están inscritos e actualizados e cales non están inscritos ou, de o estaren, non están actualizados, no seu caso concreto.

b) O acceso por parte dos órganos de contratación aos rexistros de licitadores, así mesmo, ten o efecto establecido no artigo 59.5 DN. Así, aínda que, de acordo co artigo 59.4 DN, con carácter xeral o órgano de contratación poderá requirir aos candidatos e licitadores durante a substanciación do procedemento de contratación e para garantir o seu bo desenvolvemento para que acheguen documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos de acceso á licitación, e con carácter previo á adxudicación o primeiro deberá exixir ao adxudicatario a presentación destes documentos xustificativos; o artigo 59.5 DN matiza o establecido no punto anterior do mesmo artigo ao eximir os licitadores e candidatos de presentaren aqueles documentos xustificativos que proben informacións que poidan ser acreditadas mediante unha certificación expedida polo rexistro de licitadores que corresponda [ROLECSP ou RXC-Galicia].

Parte I.

Recolle a información sobre o procedemento de contratación e sobre o órgano de contratación.

A súa formalización non reviste complexidade xa que todos os datos constan no anuncio ou nas plataformas de contratación.

Parte II.

Recolle información sobre a empresa interesada.

Como xa se indicou, aquelas empresas que figuren inscritas nun rexistro de licitadores só deberán facilitar nesta parte II do formulario aquela información que non figure inscrita neles ou que, aínda estando inscrita, non conste de maneira actualizada. Por iso a continuación segue un cadro que, a modo orientativo, indica que información ou datos poderían estar inscritos e cales non, coa finalidade de que as empresas saiban:

– Que datos deberán ser achegados mediante o formulario normalizado DEUC, en todo caso, por non figuraren en poder do ROLECSP ou RXCG.

– Que datos son susceptibles de estar inscritos no ROLECSP ou RXCG e, por tanto, poderían deixarse sen cubrir no formulario.

Corresponde á empresa comprobar se no seu caso concreto eses datos ou informacións efectivamente están inscritos nos rexistros e, se o están, deberá asegurarse de que constan nel de maneira actualizada.

Parte II. Información sobre o operador económico.

Sección

É un dato/información susceptible de estar inscrito no ROLECSP ou RXCG?

Sección A

Identificación.

Os datos incluídos neste punto deben ser cubertos pola empresa.

Como número de IVE deberase recoller o NIF cando se trata de cidadáns ou empresas españois, o NIE cando se trata de cidadáns residentes en España, e o VIES ou DUNS cando se trata de empresas estranxeiras.

Información xeral

Se é o caso, figura o operador económico inscrito nunha lista oficial de operadores económicos autorizados ou ten un certificado equivalente (por exemplo, no marco dun sistema nacional de (pre)clasificación)?

En caso afirmativo:

-Rexistro en que está inscrito e número de inscrición

Certificación en formato electrónico

Indicar grupo, subgrupo e categoría da clasificación do contratista

Coa clasificación cúmprense todos os criterios de selección? En caso negativo, cubra a parte IV deste formulario (seccións A ,B, C ou D, segundo proceda.

Poderá a empresa presentar un certificado respecto ao cumprimento coas obrigas coa Seguridade Social e impostos que permita ao poder adxudicador obtelo directamente a través dunha base de datos nacional de calquera Estado que poida consultarse gratuitamente?

Dispoñible en formato electrónico

Si ( ) Non ( ) Non procede ( )

( ) ROLECSP

( ) Rexistro Xeral de Contratistas da C.A. de Galicia

( ) ROLECSP: https://registrodelicitadores.gob.es, Xunta Consultiva de Contratación Administrativa do Estado (como número de inscrición ou certificación basta con consignar o propio NIF, NIE, VIES ou DUNS da empresa)

( ) Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia: nº de inscrición:______

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/rexistro-xeral-de-contratistas/servizos-telematicos Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia

NON CUBRIR SE ESTÁ INSCRITO NALGÚN DOS REXISTROS

Si ( ) Non ( )

Si ( ) Non ( )

Poñer enderezo da páxina web, autoridade ou organismo expedidor e referencia exacta da documentación

( ) Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia:

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/rexistro-xeral-de-contratistas/servizos-telematicos Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia

Forma de participación.

Está participando o operador económico no procedemento de contratación xunto con outros?

Si ( ) Non ( )

En caso afirmativo

b) Identifíquense os demais operadores económicos que participan no procedemento de contratación conxuntamente.

Identificar con NIF, NIE, VIES ou DUNS da empresa.

No caso de estar nalgún dos rexistros de licitadores, indicar:

( ) ROLECSP: https://registrodelicitadores.gob.es, Xunta Consultiva de Contratación Administrativa do Estado (como número de inscrición ou certificación basta con consignar o propio NIF, NIE, VIES ou DUNS da empresa)

( ) Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia:

nº de inscrición:______

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/rexistro-xeral-de-contratistas/servizos-telematicos Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Galicia

Na parte II, na letra B, denominado Información sobre os representantes do operador económico, a sección dedicada á representación non é necesario que sexa cuberta se o licitador está no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sección B

Representación

Nome e apelidos:

Cargo:

Enderezo postal:

Teléfono:

Correo electrónico:

Información sobre representación (forma, alcance, finalidade…)

NON CUBRIR SE ESTÁ INSCRITO NALGÚN DOS REXISTROS

Parte III.

Relativa aos motivos de exclusión.

Dado que o formulario normalizado do DEUC non recolle ningunha referencia á nosa lexislación, para facilitar a adecuada formalización por parte das empresas desta parte do formulario a continuación segue unha táboa de equivalencias entre cada unha das preguntas que deben responder as empresas, os artigos da DN e, por último, os artigos da nosa LCSP que deron transposición ao artigo 57 DN.

Nótese que España traspuxo a regulación das prohibicións de contratar que establece a DN mediante a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, que modificou a regulación desta materia no TRLCSP, concretamente dando nova redacción aos artigos 60 e 61 e creando «ex novo» o artigo 61 bis, polo que, con carácter xeral, nesta materia non procede falar de efecto directo senón de mera aplicación de normas nacionais.

Dado que non todas as prohibicións para contratar están inscritas no ROLECSP e/ou RXCG, as empresas deberán responder a todas as preguntas que se formulan nesta parte III do formulario normalizado do DEUC.

Táboa de equivalencias relativa á parte III do DEUC

Parte III, nº de sección

DN

TRLCSP

Sección A

Artigo 57.1.

Artigo 71.1.a) (excepto os delitos contra a Facenda pública e a Seguridade Social relativos ao pagamento de tributos e cotizacións á Seguridade Social).

Sección B

Artigo 57.2.

Artigo 71.1:

Letra a) (cando se trate de delitos contra a Facenda pública ou contra a Seguridade Social, relativos ao pagamento de tributos e cotizacións á Seguridade Social).

Letra d), primeiro parágrafo, primeiro inciso.

Letra f) (cando se trate de sancións administrativas firmes impostas conforme a Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria).

Sección C

Primeira

pregunta

Artigo 57.4.a)

Artigo 71.1.b) (cando non sexa infracción moi grave en materia profesional ou en materia de falseamento da competencia).

Artigo 71.1.d) primeiro parágrafo, segundo inciso (no relativo ao incumprimento do requisito do 2 por 100 de empregados con discapacidade).

Segunda pregunta

Artigo 57.4.b)

Artigo 71.1.c)

Terceira

pregunta

Artigo 57.4.c)

Artigo 71.1.b) (infracción moi grave en materia profesional).

Cuarta

pregunta

Artigo 57.4.d)

Artigo 71.1.b) (infracción moi grave en materia de falseamento da competencia).

Quinta

pregunta

Artigo 57.4, letra e)

Artigo 71.1.g) e h)

Sexta

pregunta

Artigo 57.4, letra f)

Artigo 70

Sétima

pregunta

Artigo 57.4.g)

Artigo 71.2, letras c) e d)

Oitava

pregunta:

Letras a), b) e c)

Artigo 57.4.h)

Artigo 71.1, letra e) e 60.2, letras a) e b)

Letra d)

Artigo 57.4.i)

Artigo 71.1.e)

Sección D

-----------------

Artigo 71.1.f) (cando se trate de sanción administrativa firme de acordo co previsto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións).

D: Outros motivos de exclusión que poden estar previstos na lexislación nacional do Estado membro do poder adxudicador

Declaróuselle a prohibición para contratar imposta en virtude de sanción administrativa firme de acordo co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións?

Se é afirmativo, especifíquese

Si ( ) Non ( )

…………………

Se é afirmativo, adoptou medidas autocorrectoras?

Si ( ) Non ( )

Describir as medidas:

…………………

Parte IV. Criterios de selección.

Relativa aos criterios de selección.

Convén destacar, respecto da parte IV, que os poderes e entidades adxudicadores poderán limitar a información requirida sobre os criterios de selección a unha soa pregunta, é dicir, se os operadores económicos cumpren ou non todos os criterios de selección necesarios.

Nese caso bastará responder SI ou NON no punto titulado «Indicación global relativa a todos os criterios de selección», polo que non será necesario completar os puntos seguintes:

A. Idoneidade.

B. Solvencia económica e financeira.

C. Capacidade técnica e profesional.

D. Sistemas de aseguramento da calidade e normas de xestión ambiental.

Parte V.

Relativa aos criterios para reducir o número de candidatos que se convidarán a presentar oferta.

O empresario deberá cubrir esta parte unicamente cando se trate de procedementos restrinxidos, negociados con publicidade e de diálogo competitivo.

Parte VI.

Relativa ás declaracións finais.

Esta parte debe ser cuberta e asinada pola empresa interesada en todo caso.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file