Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 14 de xuño de 2021 Páx. 29269

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2021

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Universidade

ANEXO

Título do convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Real Padroado de Sargadelos como contribución para o funcionamento e mantemento da casa de administración e realización do proxecto expositivo permanente do museo histórico de Sargadelos.

23.2.2021

35.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Crecente para a realización de melloras no local cultural de Crecente.

18.1.2021

35.000,00 €

Addenda do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Coristanco para a integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal de Coristanco pola que se modifican as cláusulas 5ª e 6ª, se incorporan referencias ao réxime xurídico, publicidade e notificación electrónica no clausulado e se prorroga por un período de catro anos.

8.1.2021

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Friol para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Axencia de Lectura Municipal de Friol, dependente del.

13.1.2021

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Escola Galega de Administración Pública para a realización de actividades de formación en lingua galega para o ano 2021.

5.2.2021

159.216,62 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Padroado do Museo do Pobo Galego para o financiamento durante o ano 2021 de parte dos seus gastos correntes, das actividades culturais e outros gastos de capital.

16.3.2021

531.800,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Concello de Vilalba para a xestión do servizo de comedor escolar nun centro educativo do concello.

26.3.2021

31.727,50 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Ames, para a construción dun novo centro de educación infantil e primaria (CEIP) no Milladoiro.

13.1.2021

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Lugo para a cesión do uso de instalacións municipais aos centros educativos con motivo da crise sanitaria da COVID-19.

27.1.2021

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

12.2.2021

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Rosalía de Castro para difundir, estudar e preservar a obra de Rosalía de Castro.

18.2.2021

25.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Vicente Risco para difusión, estudo e preservación da obra de Vicente e Antón Risco.

3.3.2021

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Eötvös Loránd Todományegyetem (Hungría) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

30.4.2021

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia (España) e a Universidade Federal Fluminense (Brasil) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

6.4.2021

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a ANPA CEIP Escultor Acuña para posibilitar o uso do servizo de comedor do alumnado discapacitado integrado no Centro de Educación Infantil e Primaria Escultor Acuña radicado na provincia de Pontevedra.

23.3.2021

1.171,20 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2021 entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade Editorial La Capital, S.L.U. –Diario de Arousa–.

7.1.2021

6.000,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2021 entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade Editorial La Capital, S.L.U. –Diario de Ferrol–.

7.1.2021

6.000,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2021 entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade Editorial Compostela, S.A.

7.1.2021

16.873,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2021 entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade Faro de Vigo, S.A.U.

7.1.2021

69.048,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2021 entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade Editorial La Capital, S.L.U. –El Ideal Gallego–.

7.1.2021

6.000,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2021 entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade La Opinión A Coruña, S.L.U.

7.1.2021

9.086,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2021 entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade La Región, S.A.

7.1.2021

22.065,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2021 entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade La Voz de Galicia, S.A.

7.1.2021

149.000,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2021 entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade Lérez Ediciones, S.L.U.

7.1.2021

10.124,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2021 entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade El Progreso de Lugo, S.L.

7.1.2021

25.179,00 €

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2021 entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a entidade Rías Baixas Comunicación, S.A.

7.1.2021

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Castelao para difusión, estudo e preservación da obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

9.3.2021



5.600,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Real Academia Galega polo que se instrumentan as subvencións nominativas para accións culturais e de investigación lingüística e para investimentos e se regula o seu réxime de libramentos con cargo aos orzamentos de 2021.

9.3.2021

558.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Helsingin Yliopisto (Finlandia) para a docencia, a investigación e mais a promoción da lingua, literatura e cultura galegas.

14.4.2021

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Marco para a realización de actividades culturais, didácticas e de difusión durante o ano 2021.

6.4.2021

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o servizo de cooperación e de acción cultural da Embaixada de Francia en España para a obtención do diploma de estudos en lingua francesa na súa versión escolar.

3.2.2021

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial e a Xunta de Galicia para a realización dun curso de linguaxe xurídica galega para o año 2021.

15.4.2021

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia para actuacións en materia de normalización e dinamización lingüística.

10.3.2021

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Colexio de Avogados de Santiago de Compostela para realización dun programa de actuacións en materia de normalización lingüística.

8.3.2021

19.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Asociación Foro Enrique Peinador para actuacións de normalización e dinamización lingüística.

10.3.2021

15.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a empresa Lonza Biologics Porriño, S.L. sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional, especialmente nas da familia Química.

18.2.2021

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Laboral da Construción para o recoñecemento da formación preventiva impartida nos centros públicos, dependentes desta consellería, para os efectos da obtención da tarxeta profesional da construción.

18.2.2021

Sen dotación económica

Acordo de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Secretaría Xeral de Medios da Presidencia da Xunta de Galicia para a promoción do galego nos medios de comunicación.

1.3.2021

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Asociación Cultural Colectivo Xelmírez para actuacións en materia de normalización lingüística.

9.3.2021

6.630,00 €

Convenio plurianual de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Santiago de Compostela para desenvolver nos anos 2021, 2022, 2023 e 2024 un programa de actuacións en materia de investigación lingüística, a través do Instituto da Lingua Galega.

30.3.2021

480.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Concello da Coruña para a realización de actividades de formación en lingua galega para o ano 2021.

5.3.2021

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a OPC Galicia para o Plató Xacobeo na Cidade da Cultura de Galicia.

26.2.2021

36.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Concello de Cambados para a finalización das obras de instalación do servizo de comedor escolar no CEIP San Tomé (Cambados).

26.3.2021

82.849,86 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Santiago de Compostela en materia de normalización lingüística.

30.3.2021

35.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade da Coruña para actuacións en materia de normalización lingüística.

18.3.2021

23.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Vigo en materia de normalización lingüística.

24.3.2021

26.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Asociación Amigos do Museo Casa do Patrón para a realización de actuacións de normalización lingüística e de fomento da cultura galega.

24.3.2021

6.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello da Coruña para levar a cabo a itinerancia da exposición «Emilia Pardo Bazán. O reto da modernidade» na cidade da Coruña en 2021.

27.4.2021

65.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Grupo Compostela de Universidades, para a organización do XXV premio internacional «Grupo Compostela-Xunta de Galicia», relacionado con actividades de investigación, estudo e divulgación do patrimonio cultural e universitario.

19.4.2021

12.610,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Consello da Cultura Galega en materia de normalización lingüística.

7.4.2021

24.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua para colaborar no desenvolvemento de actuacións de normalización lingüística.

9.4.2021

4.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a empresa Ángel López Soto, S.L. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

18.3.2021

Sen dotación económica

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a empresa Salica, Alimentos Congelados, S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

16.3.2021

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Fundación Luis Tilve para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Biblioteca da Fundación Luis Tilve dependente dela.

26.3.2021

Sen dotación económica

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a empresa Xallas Electricidad y Aleaciones, S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

24.3.2021

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Monterroso para a creación dun museo na vila de Monterroso.

29.4.2021

200.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Teatro Afeccionado para a realización dun circuíto teatral a nivel autonómico e festival Agustín Magán.

23.4.2021

35.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U. para a difusión informativa da capitalidade de Santiago de Compostela nos medios de comunicación no ano 2021.

29.4.2021

125.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Fundación Galicia Obra Social para a realización da XIX edición do Premio de Poesía Afundación.

29.4.2021

6.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Fundación Penzol para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Biblioteca da Fundación Penzol dependente dela.

26.3.2021

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Instituto Teolóxico Compostelán para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Biblioteca do Instituto Teolóxico Compostelán dependente dela.

13.4.2021

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Real Academia Galega para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Biblioteca da Real Academia Galega dependente dela.

26.3.2021

Sen dotación económica

Convenio de colaboración cultural entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Fundación Carlos Casares para a realización de actividades culturais

22.4.2021

12.000,00 €

Addenda do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello de Mondariz para a integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal Xoán Xosé Pérez Labaca de Mondariz pola que se modifican as cláusulas 5ª, 6ª e 7ª, se incorporan referencias ao réxime xurídico, publicidade e notificación electrónica no clausulado e se prorroga por un período de catro anos.

8.4.2021

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación Paco Lareo, A Solaina de Piloño para a realización de actuacións de normalización lingüística e de fomento da cultura galega.

27.4.2021

4.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Federación Coral Galega para a realización de concertos, cursos e foro «Nas portas do teu Xacobeo».

26.4.2021

15.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega para actuacións en materia de normalización lingüística.

26.4.2021

8.000,00 €

Addenda do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello do Barco de Valdeorras para a integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Biblioteca Pública Municipal Florencio Delgado Gurriarán do Barco de Valdeorras pola que se modifican as cláusulas 5ª, 6ª e 7ª, se incorporan referencias ao réxime xurídico, publicidade e notificación electrónica no clausulado e se prorroga por un período de catro anos.

15.4.2021

Sen dotación económica

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e varias empresas en materia de formación profesional dual (Caolines de Vimianzo, S.A.U. e Acuidoro, S.L.U.).

8.4.2021

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e a Fundación Curros Enríquez para a renovación do compromiso de integración na Rede de bibliotecas de Galicia da biblioteca da Fundación Curros Enríquez dependente dela.

21.4.2021

Sen dotación económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado de titulacións de grao impartidos na Facultade de Filoloxía no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

27.4.2021

Sen dotación económica

Addenda do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia e o Concello da Lama para a integración na Rede de bibliotecas de Galicia da Axencia de Lectura municipal da Lama pola que se modifican as cláusulas 5ª, 6ª e 7ª, se incorporan referencias ao réxime xurídico, publicidade e notificación electrónica no clausulado e se prorroga por un período de catro anos.

29.4.2021

Sen dotación económica

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a empresa Ignacio González Montes, S.A. para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

21.4.2021

Sen dotación económica

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a empresa Financiera Maderera, S.A., para a implantación dun sistema de formación profesional dual polo réxime de bolsas.

21.4.2021

Sen dotación económica