Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 29108

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 114/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 114/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eloah Liz Barnabe Peres contra Cityhouse Los Tilos e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di:

Decido:

Que, estimando integramente a demanda interposta por Eloah Liz Barnabe Peres contra Cityhouse Los Tilos, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle á demandante a suma de 1.863,36 euros brutos -desagregados e polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta sentenza-, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

Non procede condenar o Fogasa nesta instancia. Respecto da responsabilidade do dito organismo obervarase o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela non cabe recurso.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cityhouse Los Tilos, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza