Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 29075

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre de 2021.

De acordo co previsto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG nº 30, do 15 de febreiro), onde se establece que as consellerías e entidades dependentes da Xunta de Galicia deberán remitir, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior, e en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación de convenios subscritos polo Instituto Galego de Estatística nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2021, que se xunta a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2021

José A. Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística

ANEXO

Convenio

Data da sinatura

Importe

Convenio entre o Instituto Nacional de Estatística (INE) e o Instituto Galego de Estatística (IGE) para a realización da Enquisa de poboación activa en Galicia.

22.2.2021

0 €

Convenio entre a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Instituto Social da Mariña e a Comunidade Autónoma de Galicia en materia estatística.

1.3.2021

0 €

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto Galego de Estatística para a realización de prácticas académicas externas de estudantes das titulacións da Facultade de Matemáticas.

29.3.2021

0 €