Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 28978

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

EXTRACTO da Orde do 26 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PL400B).

BDNS (Identif.): 568427.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

As empresas mercantís do sector editorial, sexan persoas físicas ou xurídicas, sempre que, estando legalmente constituídas, cumpran os requisitos establecidos nesta orde, non estean incursas nalgún dos supostos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e elaboren os recursos didácticos curriculares obxecto desta orde.

Segundo. Obxecto

Edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares e complementarios destes para os niveis non universitarios.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 26 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a edición en lingua galega de recursos didácticos curriculares para niveis non universitarios, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PL400B).

Publicadas no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contía

Importe total da convocatoria: 200.000,00 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da Orde do 26 de maio de 2021 no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade