Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 28980

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 2021 pola que se inscribe a Asociación de Amigos del Camino de Santiago Vía Aquitania no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Feitos:

A Asociación de Amigos del Camino de Santiago Vía Aquitania presenta unha solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago o día 5 de abril de 2021.

A solicitude foi presentada segundo o modelo que figura como anexo I do Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago (DOG núm. 36, do 20 de febreiro), modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño (DOG núm. 121, do 25 de xuño), e con ela foi achegada a documentación pertinente segundo o artigo 26 do citado decreto.

Fundamentos de dereito:

É de aplicación especificamente ao procedemento a seguinte normativa:

• Decreto 198/2020, do 20 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

• Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia do Camiño de Santiago, modificado polo Decreto 209/2002, do 13 de xuño.

O artigo 23 deste último decreto regula que para a súa inscrición no rexistro as entidades solicitantes deberán ter como finalidade, expresa e prioritariamente reflectida nos seus estatutos, a recuperación, conservación e promoción do Camiño de Santiago, así como a difusión da cultura derivada deste.

O xefe do Servizo de Protección e Fomento da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emite un informe o día 25 de maio de 2021 sobre a solicitude no cal constata que a Asociación de Amigos del Camino de Santiago Vía Aquitania persegue os obxectivos fixados no decreto.

A solicitude presentada cumpre as normas establecidas no citado Decreto 45/2001, do 1 de febreiro. Por iso,

RESOLVO:

Que a Asociación de Amigos del Camino de Santiago Vía Aquitania sexa inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 224.

Réxime de recursos.

A presente resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor potestivamente un recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén pode ser impugnada directamente cun recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a recepción desta notificación, ante esa orde xurisdicional.

En ningún caso se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que o recurso de reposición, de ter sido presentado, sexa resolto expresamente ou se produza o seu rexeitamento presunto. Todo o anterior vai de acordo co que dispoñen os artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 21.3.2019)
Mª Carmen Martínez Insua
Directora xeral do Patrimonio Cultural