Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 11 de xuño de 2021 Páx. 29093

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 3131/2020-SR).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 3131/2020-SR

Xulgado de orixe/autos: SS. Seguridade Social 21/2019. Xulgado do Social número 1 de Ferrol

Recorrente: Adolfo Santiago Santiago

Avogado: Víctor Manuel López Casal

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ferrovial Agroman, S.A., Izar Construcciones Navales, S.A.E.L., Navantia, S.A., Compañía Trasatlántica Española, S.A., Empresa Escisa Estructuras y Cimentaciones, S.A., Exfasa, Intravest, S.A., Mutua Asepeyo, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales

Avogados: letrado/a da Seguridade Social, letrado/a da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, María Pilar Alén Vázquez, Abel López Carballeda, Beatriz Regos Concha, Javier Balo Couto

Procuradora: María Susana Díaz Gallego

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3131/2020 desta sección, seguido por instancia de Adolfo Santiago Santiago contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ferrovial Agroman, S.A., Izar Construcciones Navales S.A.E.L., Navantia, S.A., Compañía Trasatlántica Española, S.A., Empresa Escisa Estructuras y Cimentaciones, S.A., Exfasa, Intravest, S.A., Mutua Asepeyo e Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, sobre accidente de grao, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que, con desestimación do recurso interposto por Adolfo Santiago Santiago, confirmamos a sentenza que con data do 17 de xaneiro de 2020 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 1 dos de Ferrol e pola cal se rexeitou a demanda formulada e se absolveron o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Asepeyo e as empresas Izar CN, S.A. en liquidación, Navantia, S.A., Escisa Estructuras y Cimentaciones, S.A., Exfasa, Ferrovial Agroman, S.A., Compañía Trasatlántica Española, S.A. e Intravest, S.A.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar, no campo Observacións ou Concepto da transferencia, os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Compañía Trasatlántica Española, S.A., Empresa Escisa Estructuras y Cimentaciones, S.A., Exfasa e Intravest, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza