Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 10 de xuño de 2021 Páx. 28815

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (PO 890/2017).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 890/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Luisa Cabral Varela contra Bella y Asociados Restauración, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza, do 16.4.2021, contra a cal non cabe recurso.

Faise saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Bella y Asociados Restauración, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de abril de 2021

O letrado da Administración de xustiza