Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 10 de xuño de 2021 Páx. 28814

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (DC 1020/2020).

Eu, Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela.

Divorcio contencioso número 1020/2020.

Sentenza 227/2021.

No presente procedemento seguido por instancia de Manuel Botana Bello fronte a María Luceny Rivas Duque ditouse Sentenza o 11 de maio de 2021, cuxo teor literal é o seguinte:

Decido que, estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Gosende Gómez, en nome e representación de Manuel Botana Bello asistido da letrada Sra. Novillo Casal, fronte a María Luceny Rivas Duque, maior de idade, sinalada en autos declarada en rebeldía procesual e con intervención da representante do Ministerio Fiscal, procede decretar a disolución por divorcio do matrimonio contraído polos litigantes o 8.1.2015 en Teo, rexistrado no tomo 46 páxina sección 2ª 139 do Rexistro Civil desa localidade, sen ningún outro pronunciamento, estando vixente acollemento administrativo familiar simple do fillo común menor de idade pola avoa paterna.

E atopándose a dita demandada, María Luceny Rivas Duque, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto a fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza