Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 10 de xuño de 2021 Páx. 28819

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO de auto de execucion e decreto de embargo (ETX 51/2021).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 51/2021, seguido por instancia de Egbert Juan Molina Guissa contra Transportes Logísticos Viña, S.A., sobre execución de decreto en que se aproba conciliación, do 3.2.2021, se ditaron auto en que se despacha execución e decreto de embargo con data do 7 de maio de 2021, respectivamente, contra os cales pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as dúas resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Transportes Logísticos Viña, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza