Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 10 de xuño de 2021 Páx. 28818

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 37/2021).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 37/2021, seguido por instancia de Katerina Lema Vázquez, contra Restauración Terracota Grill, S.L., sobre execución de Sentenza núm. 37/2021, do 10 de febreiro, se ditaron auto en que se despacha execución e decreto de embargo, con data do 20 de abril, contra os cales pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Restauración Terracota Grill, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza