Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 8 de xuño de 2021 Páx. 28444

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, da autorización administrativa previa, da declaración, en concreto, de utilidade pública e da necesidade da urxente ocupación que leva implícita e da autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Valga (expediente IN407A 2020/187-4).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa, da declaración, en concreto, de utilidade pública e da necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: LMTS, CTC O Campo.

Situación: Valga.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 65 metros de lonxitude, con orixe no apoio HV-630/15 (A2BQ22RA) do tramo da LMT TIB8029073 e final no centro de transformación proxectado. Centro de transformación a 250 kVA, con RT 20 kV/400 V, situado no Campo, Xanza, concello de Valga.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 17 de decembro, no BOP do 14 de decembro, no xornal Faro de Vigo do 3 de decembro de 2020 e no taboleiro de anuncios do Concello de Valga. Tamén se lles notificou individualmente aos titulares dos predios afectados pola instalación, segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria.

Durante o mencionado trámite non se recibiron alegacións.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, DOG nº 203, do 25 de outubro, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nas condicións establecidas polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 18 de maio de 2021

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra