Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 8 de xuño de 2021 Páx. 28442

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto de execución e citación por comparecencia (ETX 14/2021)

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 14/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jonatan Nieves Pardo contra Perk Compostela, S.L., se ditaron as seguintes resolucións:

Resolución: auto do 11.5.2021.

Recurso e prazo: recurso de reposición no prazo de 3 días.

Resolución: dilixencia de ordenación do 14.5.2021, en que se cita para a comparecencia sinalada para o día 1.7.2021, ás 9.20 horas.

Recurso e prazo: recurso de reposición no prazo de 3 días.

E para que sirva de notificación en legal forma a Perk Compostela, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza