Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 8 de xuño de 2021 Páx. 28441

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (327/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado se segue xuízo da clase ordinario baixo o número 327/2019, en que figura como interveniente María Victoria Afonso Castro, no cal se sinalou conciliación e/ou xuízo para o día 7.6.2021, ás 9.15 e 9.20 horas, respectivamente.

Ao estar a dita parte en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto, en cumprimento do disposto na Instrución 6/12, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e protección de datos, co fin de que sirva de notificación en forma deste.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza