Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 8 de xuño de 2021 Páx. 28449

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 15 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a documentación de solicitude de autorización ambiental integrada para unha explotación avícola de polos ceba situada no lugar de Maceira, concello de Lalín (titular Val do Cango, S.C.; expediente 2020-IPPC-I-102).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31 de decembro), e no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Proxecto básico para autorización ambiental integrada –ampliación de explotación avícola–.

Para que calquera interesado poida consultar e, se for o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes, o documento estará á súa disposición na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Expediente: 2020-IPPC-I-102.

Peticionaria: Val do Cango, S.C.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 9.3.a.

Domicilio social: rúa Z, núm. 9, planta 2, porta C, concello de Lalín (Pontevedra).

Localización da instalación: lugar de Maceira, concello de Lalín (Pontevedra).

Actividade principal: explotación avícola de polos de ceba.

Descrición: a explotación disporá de 98.684 polos de ceba distribuídos en 3 naves (2 naves existentes e unha nave en proxección). A instalación contará con silos para o almacenamento do penso, 2 depósitos de gas propano para abastecer o sistema de calefacción e 2 grupos electróxenos. Para garantir o almacenamento do esterco producido en 6 meses, disporá de 2 esterqueiras (unha xa existente e a outra pendente de construción).

Verteduras: as augas residuais xeradas nos aseos serán recollidas nunha fosa estanca de 10 m3, e as augas residuais procedentes da limpeza das naves serán recollidas noutra fosa estanca de 10 m3. Ambas as fosas serán baleiradas por un xestor autorizado. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

O xurro xerado será recollido por un xestor autorizado.