Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 8 de xuño de 2021 Páx. 28480

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de maio de 2021 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción denominado Sendas na AC-552. Treitos 34+400-34+860 e 44+300-45+080, de clave AC/19/132.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.

Antecedentes:

Por resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 8 de febreiro de 2021 aprobouse provisionalmente para información pública o contido do documento do proxecto de construción denominado Sendas na AC-552. Treitos 34+400-34+860 e 44+300-45+080, de clave AC/19/132.06.

O artigo 6.2 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e o artigo 12.2 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, determinan que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, entre cuxos obxectivos está o fomento dos sistemas de transporte alternativos aos motorizados que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

O presente proxecto ten por obxecto a execución de dous treitos de sendas peonís na marxe da estrada autonómica AC-552, no termo municipal de Coristanco, un deles entre os puntos quilométricos 34+400 (final da senda Carballo-Bértoa) e o 34+860 (inicio da beirarrúa próxima aos arredores do Centro comercial Carrefour), pola marxe esquerda da estrada; e o outro entre os puntos quilométricos 44+300 (final das beirarrúas de Bormoio) e o 45+080 (punto de acceso ao Cemiterio de Agrillos), pola marxe dereita da estrada.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

Resolvo:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado documento sométese ao trámite de información pública durante, un período de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. Do mesmo xeito, sométese o presente proxecto a información pública para os efectos do establecido no Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico, en relación coa protección do dominio público hidráulico e coas actuacións neste ou na súa zona de policía.

Cuarto. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña), na Casa do Concello de Coristanco (avda. Finisterre, 112, San Roque, 15147 Coristanco, A Coruña).

Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade:

(https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados a separata do proxecto de construción.

Santiago Compostela, 26 de maio de 2021

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Título: Sendas na AC-552. Treitos: 34+400-34+860 E 44+300-45+080

Clave: AC/19/132.06

Concello de Coristanco (A Coruña).

Ref. catastral

Lugar

Titular

NIF

Cultivo/aproveitamento

Sit. básica solo

Sup. catastral total (m2)

Sup. solo exprop.(m2)

1

15029A036003900000DK

Ribeiro pequeno

Álvarez Facal Narcisa

***2969**

Prados ou pradeiras

Rural

2.574

12,51

Facal Rey María de la Visitación

***3071**

Facal Rey Beatriz

***6633**

Facal Varela María Celia

***9947**

Grille Facal Mónica María

***2514**

Seoane Grille Ángel Manuel

***3614**

Seoane Grille María Jesús

***3843**

Varela Baston Jesús (herdeiros de)

***3589**

Varela Cambeiro Irma Montserrat

***5660**

Varela Cambeiro Antonio Fernando

***5660**

Varela Cambeiro María del Mar

***7691**

Varela Cambeiro Ana María

***8945**

Varela Vázquez Juan Carlos

***5198**

Varela Vázquez Francisco Javier

***7075**

Varela Vázquez Manuel Jesús

***0580**

Caamaño Varela Jesús

***6810**

Caamaño Varela María Dolores

***8563**

Facal Varela Gerardo

***8950**

Facal Varela Manuel

***0208**

2

15029A029002380000DH

Torres

Rodríguez Alonso Antonio (hros.)

***2543**

Froiteiras secaño

Rural

15.991

447,85

3

15029A029002370000DU

Ponte Nova

García Rodríguez Dosinda

***4439**

Piñeiro para madeira

Rural

5.032

1,99

4

15029A029001610000DM

Canle

Calvo Graíño Benigno

***4851**

Labor ou labradío secaño

Rural

874

3,32