Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 7 de xuño de 2021 Páx. 28221

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (329/2020).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza núm. 381/2021

Xuíza que a dita: Mónica Sotelo Cao

Lugar: Ourense

Data: trece de maio de dous mil vinte e un

Vistos por Mónica Sotelo Cao, xuíza en funcións do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, os presentes autos de adopción de medidas respecto á garda e custodia, ao réxime de visitas e alimentos de fillo menor, promovidos por Tatiana Maricel Jiménez Parra, representada polo procurador Camilo Enríquez Naharro, asistida da letrada Jéssica Rodríguez Enríquez, fronte a Miller Hernández Pulido, en situación de rebeldía procesual.

Intervén o Ministerio Fiscal.

Parte dispositiva.

Acordo:

1. Atribúeselle a garda e custodia do fillo menor de idade J.J. á nai, Tatiana Maricel Jiménez Parra.

2. Atribúeselle o exercicio exclusivo da patria potestade á nai.

3. O réxime de visitas de Miller Hernández Pulido será, en caso de que o pai viñer a España, dunha hora á semana, baixo vixilancia e supervisión materna. A nai, Tatiana Maricel Jiménez Parra, establecerá as condicións e o xeito en que a devandita visita se realice.

4. En concepto de alimentos a favor do seu fillo establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe a demandante, a suma de 150 euros, que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa o 1 de xaneiro.

Dentro do concepto de pensión de alimentos, establécese a obriga de aboar o 50 % dos gastos de material escolar que se xeran anualmente no mes de setembro.

Así mesmo, imponse a obriga de sufragar o 50 % dos gastos extraordinarios que se poidan producir, diferenciando entre os necesarios (gastos médicos e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social), nos cales non é necesario o consentimento previo das partes, e os non necesarios (clases extraescolares, viaxes, clases de apoio...), que requirirán o consentimento previo de ambos os dous proxenitores para seren cubertos. Entenderase prestada a súa conformidade se requirido un proxenitor polo outro, de forma fidedigna, é dicir, que conste sen lugar a dúbidas a recepción do requirimento, se deixar transcorrer o prazo de dez días hábiles sen facer manifestación ningunha. No requirimento que se realice, o proxenitor que pretenda facer o gasto deberá detallar o gasto concreto que precise o fillo e achegar o orzamento en que figure o nome do profesional que o expida.

En caso de discrepancias, o gasto extraordinario deberá ser autorizado polo xulgado, conforme o art. 156 do Código civil, salvo razóns obxectivas de urxencia.

Conforme o disposto no art. 208.4 da LAC, indícase que a presente resolución non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de 20 días ante a Audiencia Provincial de Ourense.

Acórdao, mándao e asínao Mónica Sotelo Cao, xuíza en funcións do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta cidade».

E como consecuencia do paradoiro ignorado de Miller Hernández Pulido, expídese o presente edicto para que lle sirva de cédula de notificación.

Ourense, 14 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza