Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 7 de xuño de 2021 Páx. 28234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 20 de abril de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Padrón (expediente-e IN407A 2021/39-1).

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 88, do 11 de maio de 2021, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 23631, nas características técnicas, cómpre engadir a actuación núm. 3, co cal queda da seguinte maneira:

«Retensamento tramo liña eléctrica de media tensión aérea PAD813 (actuación nº 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 101 m, con orixe no apoio C2000-16 existente da PAD813, condutor tipo LA-110 mm2, e final no apoio C9000-14 proxectado da PAD813.

Retensamento tramo liña eléctrica de media tensión aérea PAD813 (actuación nº 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 101 m, con orixe no apoio C2000-14 proxectado da PAD813, condutor tipo LA-110 mm2, e final no apoio HVH 3500-15 existente da PAD813.

Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 268 m, con orixe en apoio proxectado tipo C14/9000 da PAD813), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, e final no centro de seccionamento proxectado.

Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 129 m, con orixe no centro de seccionamento proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, e final en empalmes que se van realizar en CD Cortizo (15CLRT) para desmontar.

Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 3), a 20 kV, cunha lonxitude de 221 m, con orixe no centro de seccionamento proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 Al, e final en empalmes que se van realizar en apoio proxectado tipo C 14/2000.

Centro de seccionamento 3L 2 telecontroladas GSM/GPRS/FO con tansformador de tensión 20 kV manobra exterior.

Desmantelamento dun tramo da LMTA PAD813, en condutor tipo LA-110, con lonxitude 364 m e outro tramo en LA-30-56 de 205 m.

Desmantelamento dun tramo en subterráneo, tipo RH, de 185 m».