Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 28006

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 10 de maio de 2021, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación inicial do instrumento de ordenación provisional no ámbito do polígono 32 do PERI IV-04 Calvario (expediente 17165/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 28 de abril de 2021, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o instrumento de medidas de ordenación tramitado no expediente 17165/411, redactado pola empresa Otima, S.L. por encargo da entidade Eduarven 14, documentación técnica presentada no rexistro desta XMU con datas do 8.4.2021 (Cód. Web. W536802-4625) e 9.4.2021, asinada dixitalmente con sinaturas válidas polos directores dos traballos, o avogado Diego Gómez Fernández (avogado núm. 1647 ICA Vigo) e o arquitecto Francisco Javier Rivas Barros, denominado Instrumento de medidas provisionais de ordenación no ámbito do polígono 32 do PERI IV-04 do Calvario (Vigo) como ordenación provisional, de conformidade co previsto na Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación.

Segundo. Someter o instrumento inicialmente aprobado a información pública polo prazo de vinte días, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión na provincia, no Portal de transparencia e na sede electrónica municipal. Así mesmo, notificarase individualmente a todas as persoas titulares catastrais de terreos afectados. Durante o mesmo tempo en que se realiza o trámite de información pública, solicitaranse das administracións públicas competentes os informes sectoriais e as consultas que resulten preceptivos. Os informes sectoriais autonómicos deberán ser emitidos no prazo máximo dun mes; transcorrido este, entenderanse emitidos con carácter favorable.

Terceiro. Declarar a suspensión, polo prazo máximo de dous anos, do procedemento de outorgamento de licenzas de parcelamento, edificación e demolición nos ámbitos do territorio en que as novas determinacións supuxesen a modificación da ordenación urbanística vixente, nos termos previstos na lexislación vixente e de acordo co reflectido no resumo executivo incorporado ao instrumento de ordenación provisional inicialmente aprobado. Esta suspensión levantarase, en todo caso, unha vez aprobado definitivamente o dito instrumento».

Para os efectos do disposto no punto segundo da parte dispositiva deste acordo, a documentación íntegra aprobada inicialmente poderá consultarse na seguinte ligazón: https://hoxe.vigo.org/movemonos/urb_plan_gest_1aa.php?lang=gal#/ e no departamento de Información de Urbanismo, sito na planta baixa do edificio da Xerencia de Urbanismo (praza do Rei, s/n, Vigo) con cita previa no teléfono 986 81 03 44, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións se consideren convenientes. O prazo de información pública comezará a contar desde a primeira publicación e rematará pasados vinte días desde a última publicación.

Vigo, 10 de maio de 2021

O alcalde
P.D. (Resolución do 11.7.2019)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo