Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 27974

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 18 de maio de 2021 polo que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 23 de xullo de 2018 ditada no expediente de reposición da legalidade urbanística OUR/13/2017-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 4 de xaneiro de 2021, resolución pola que se desestima o recurso de reposición interposto contra a Resolución do 23 de xullo de 2018 que declaraba ilegalizables as obras de construción dunha edificación auxiliar situada no lugar de Cambeo, na estrada Zamora-Santiago, no concello de Coles, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a María de los Ángeles Rodríguez Álvarez, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a dita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a dita resolución, que é definitiva en vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística