Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 27912

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 289/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso sucesivo a instancia de demandante María Mercedes Martínez Pena, avogado: José David do Río Balado contra demandado: Lácteos Pérez Olveira, S.A. , Lácteos Río Xallas e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) en procedemento de SSS Seguridad Social 289/2019, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LRXS, citar ao representante legal de Lácteos Perez Olveira, S.A. e ao representante legal de Lácteos Río Xallas en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 16 de xuño de 2021, ás 9.40 horas, na planta baixa, sala 3, Edificio rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderado, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación ao representante legal de Lácteos Pérez Olveira, S.A. e ao representante legal de Lácteos Río Xallas, expídese a presente cédula para a súa publicación no diario oficial de galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza