Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 3 de xuño de 2021 Páx. 27469

III. Outras disposicións

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (en diante, APLU) no primeiro cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución, tendo en conta que os convenios de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística entran en vigor o día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

ANEXO

Obxecto do convenio

Importe económico

Data sinatura

Entrada vigor

Adhesión á APLU Concello de Boqueixón con delegación de competencias urbanísticas no ente consorcial.

Concello de Boqueixón: 10 % das multas coercitivas e sancións, efectivamente recadadas pola Axencia no termo municipal tanto en exercicio de competencias propias como delegadas, impostas a partir da entrada en vigor do convenio, como máximo 30.000 €/ano.

12.4.2021

23.4.2021

Adhesión á APLU Concello de Cenlle con delegación de competencias urbanísticas no ente consorcial.

Concello de Cenlle: 10 % das multas coercitivas e sancións, efectivamente recadadas pola Axencia no termo municipal tanto en exercicio de competencias propias como delegadas, impostas a partir da entrada en vigor do convenio, como máximo 30.000 €/ano.

12.4.2021

23.4.2021

Modificación Convenio Adhesión APLU-Concello de Piñor para ampliación delegación competencias

Concello de Piñor: 10 % das multas coercitivas e sancións efectivamente recadadas pola Axencia no termo municipal tanto en exercicio de competencias propias como delegadas, impostas a partir da entrada en vigor do convenio, como máximo de 30.000 €/ano.

12.4.2021

23.4.2021

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística