Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 3 de xuño de 2021 Páx. 27556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de maio de 2021, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se notifica o levantamento de actas previas á ocupación ao non se poderen efectuar as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a obra de clave PO/17/151.06.

Para os efectos de coñecemento dos interesados, resultando infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo presente anuncio notifícase ás persoas sinaladas no anexo o levantamento de actas previas á ocupación do expediente expropiatorio polas obras do proxecto do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020 MSV no entorno de TCA na estrada PO-403, p.q. 8+600 a 10+200, de clave PO/17/151.06, que terá lugar na casa do concello de Ponteareas o día 17 de xuño de 2021.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre bens afectados, por si mesmas ou representadas por persoal debidamente autorizado, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.

As persoas poden tomar vista do expediente no Servizo Provincial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 12 de maio de 2021

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Predio

Ref. catastral

Persoa interesada

Día

Hora

2

36042A054000350000DF

Áurea Carrera Rodríguez

17.6.2021

10.10

16

36042A053002610001FM

Alberto Cruz Campos

17.6.2021

12.30

20

36042A050001430000DE

Manuel Carballido Martínez

17.6.2021

13.10

23

36042A022001410000DX

Hros. de Olimpio Martínez Bargiela

17.6.2021

13.40