Para os efectos de coñecemento dos interesados, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, polo presente anuncio notifícaselles ás persoas sinaladas no anexo o levantamento de actas previas á ocupación do expediente expropiatorio polas obras do proxecto de mellora da capacidade do enlace da VG-4.1 coa PO-504, de clave PO/18/119.01, que terá lugar na casa do concello de Sanxenxo o día 10 de xuño de 2021.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.
As persoas poden ver o expediente no Servizo Provincial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas.
A eficacia de esta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Pontevedra, 12 de maio de 2021
Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra
ANEXO
Predio |
Ref. catastral |
Persoa interesada |
Día |
Hora |
8 |
36051A04700713 |
Hros. de Juan Riveiro Berdullas |
10.6.2021 |
11.45 |