Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 2 de xuño de 2021 Páx. 27291

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, convocadas pola Resolución do 23 de febreiro de 2021 (código de procedemento SI427A).

Mediante a Resolución do 23 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade (DOG núm. 46, do 9 de marzo), establecéronse as bases reguladoras e convocáronse para o ano 2021 as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Segundo o artigo 14.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola comisión de valoración prevista no artigo 12.2 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións para o desenvolvemento de programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade que se indican no anexo I pola contía resultante logo da aplicación do establecido no artigo 5.8 das bases reguladoras, por un importe total de 1.388.004,17 euros, con cargo á aplicación orzamentaria que se indica a seguir:

Aplicación

Código proxecto

Importe

11.02.313B.481.2

2021 00062

1.388.004,17

Estas axudas son susceptibles de ser financiadas polo FSE no marco do programa operativo FSE Galicia 2021-2020.

Segundo. No anexo II relaciónanse as solicitudes que quedan na lista de espera segundo a orde de puntuación e que, de ser o caso, poderán ser atendidas a través do crédito que quede sen comprometer por producirse algunha renuncia, por modificación nos proxectos inicialmente presentados ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas subvencións. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución.

Terceiro. Excluír as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa específica, por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas bases reguladoras.

Cuarto. De acordo co establecido no artigo 14.4 das bases reguladoras, unha vez notificada a resolución de concesión, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación e comprometerse a executar o programa ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

Quinto. Informar as entidades beneficiarias que, de ser o caso, a aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes dos beneficiarios ou beneficiarias, no suposto de seren entidades xurídicas, así como da outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) núm. 2018/1046, en relación co artigo 115.2 da mesma norma xurídica.

Sexto. Segundo o artigo 3 das bases reguladoras, estas subvencións son incompatibles con calquera outra axuda pública para a mesma actuación ou actividade.

Sétimo. De conformidade co artigo 18.2 das bases reguladoras, realizarase un primeiro pagamento do 80 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez notificada a resolución de concesión. O 20 % restante, ou a parte que corresponda, librarase logo as entidades beneficiarias xustificaren o cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas na Resolución do 23 de febreiro de 2021.

Oitavo. A data límite de presentación da documentación xustificativa da realización do programa subvencionado, de acordo co artigo 17.1 das bases reguladoras, é o 11 de outubro de 2021.

As actuacións correspondentes aos programas subvencionados xustificaranse a través das modalidades de custos simplificados previstas nos artigos 67.1.b) e d), 67.5.d), 68.bis.2 e 68.ter do Regulamento (UE) 1303/2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, segundo módulo ou custo unitario por hora efectivamente traballada, calculado sobre o correspondente custo directo de persoal máis un 20 % en concepto de gastos directos e indirectos derivados do programa.

O período de referencia para o desenvolvemento do programa e para a imputación dos gastos subvencionables é o comprendido entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021, ambos incluídos.

Noveno. As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidas nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 19 das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación e, en particular, as seguintes:

– Destinar os fondos percibidos ao obxecto concreto para o cal foron concedidos, executar e acreditar a realización do programa, actuacións e actividades que fundamenta a concesión da subvención dentro do período e prazos establecidos na Resolución do 23 de febreiro de 2021, así como o cumprimento dos requisitos, condicións e obrigas que resultan da normativa de aplicación.

– Manter unha pista de auditoría suficiente, dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, e manter de forma separada na contabilidade os ingresos da axuda percibida e conservar toda a documentación relativa á subvención durante, polo menos, un período de dous anos, a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación ante a Comisión Europea, de conformidade co artigo 140.1 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. Se for o caso, o comezo deste prazo será oportunamente comunicado polo organismo intermedio do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (actualmente, a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos).

– Dar cumprimento á obriga de dar adecuada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e, de ser o caso, no anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) núm. 2018/1046. Así, en todo tipo de publicidade e información relativos á actuación e actividades subvencionadas terá que constar a condición de subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade e, se for o caso, polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

De ser o caso, os espazos de atención ás usuarias e nas comunicacións contarán co emblema da Unión Europea coa referencia ao Fondo Social Europeo; e nos lugares de realización da actuación informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispoñer dela, sobre o proxecto e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada.

Na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade está dispoñible a información, os emblemas da Unión Europea e do órgano concedente, así como un modelo coas características do cartel, emblemas e contido de obrigada inclusión.

– Informar as persoas destinatarias de que as actuacións en que participan están financiadas pola Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Igualdade) e, de ser o caso, polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, así como dos obxectivos dos fondos. Os emblemas deberán figurar, como mínimo, en todo o material e nos documentos que se utilicen ou entreguen ás usuarias ou participantes.

– Se for o caso, adecuar a metodoloxía de recollida e proceso de datos de seguimento e de acreditación da realización da actividade de persoas beneficiarias ás fórmulas requiridas a través da aplicación Participa 1420, realizando as actuacións precisas para recoller a información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultado enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) núm. 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo ao FSE. Neste senso, na súa cobertura deberá respectarse o principio de integridade dos datos.

Os datos dos indicadores de produtividade relativos ás entidades e ás persoas participantes referiranse á situación previa á súa participación no programa dentro do período subvencionable, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse á situación dentro das catro semanas seguintes á finalización da súa participación nese período. Así mesmo, a Administración poderá requirir a actualización destes datos no prazo de seis meses desde que finalice esta actividade, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento. Para estes efectos, facilitarase ás entidades beneficiarias o acceso á aplicación Participa 1420. Os datos dos indicadores recolleranse nos modelos dispoñibles na aplicación Participa 1420.

Para dar cumprimento a estes requisitos de información, as entidades beneficiarias deberán introducir os datos do perfil cos indicadores de produtividade e de resultado das persoas participantes na aplicación Participa 1420. Así mesmo, as entidades beneficiarias deberán custodiar a ficha individualizada de seguimento e os cuestionarios de indicadores de produtividade e de resultado inmediato de cada unha das persoas participantes, asinada pola participante, segundo os modelos dispoñibles na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade e na aplicación Participa 1420.

– Comunicar ao órgano concedente calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidas polas entidades beneficiarias e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou ente público nacional ou internacional.

– Facilitar toda a información requirida pola Secretaría Xeral da Igualdade e, de ser o caso, polos órganos verificadores que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

– Someterse ás actuacións de comprobación que poida efectuar a Secretaría Xeral da Igualdade, así como a calquera outra actuación de control que poidan realizar os órganos competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. En especial, por tratarse de axudas susceptibles de ser financiadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, a entidade beneficiaria quedará sometida, se for o caso, ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión e seguimento do FSE, que incluirán as oportunas visitas sobre o terreo.

No artigo 21 das bases reguladoras establécense os criterios de graduación dos posibles incumprimentos para determinar a cantidade que se minorará ou reintegrará.

Décimo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a secretaria xeral da Igualdade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2021

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO I

Concesións

Nº expte.

Entidade

(por nº expte.)

NIF

Denominación do programa

Nº total de horas imputadas ao programa

Importe total gasto subvencionable

Nº mínimo usuarias

Nº mínimo usuarias con atención continuada

Puntos

Tramo

Importe concesión

SI427A 2021/02

Asociación Participacción

G32477127

Abrindo cancelas con flores

676

14.942,30

16

10

79

80,00 %

11.953,84

SI427A 2021/03

Asociación Labregas

G15945686

Sensibilización e prevención social e dinamización comunitaria

3.220

63.369,60

75

45

64

60,00 %

38.021,76

SI427A 2021/04

Asociación Punto Delas-Secretaría das Mulleres

G70370119

Punto Delas

3.320

65.337,60

77

46

77

80,00 %

40.000,00

SI427A 2021/05

Asociación Penitenciaria Concepción Arenal

G27119809

Atención integral a mulleres en situación pre-intra e post-penitenciaria e familiares afectados/as

1.720

38.018,88

40

24

88

90,00 %

34.216,99

SI427A 2021/06

Down Pontevedra «Xuntos», Asociación Síndrome de Down

G36164887

Programa de empoderamento de mulleres no colectivo da Síndrome de Down-discapacidade intelectual

1.290

25.387,20

30

18

61

60,00 %

15.232,32

SI427A 2021/07

Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña

G27262799

Coidando de min V

645

14.257,08

15

9

70

70,00 %

9.979,96

SI427A 2021/08

Asociación Nós Mesmas

G27718907

Servizo de orientación, formación e asesoramento social, psicolóxico e laboral a mulleres LBT

1.706

37.709,42

40

24

63

60,00 %

22.625,65

SI427A 2021/09

Saúde Mental Feafes Galicia

G15545353

Atención integral a mulleres con problemas de saúde mental en situación de vulnerabilidade

1.855

36.603,36

43

26

70

70,00 %

25.622,35

SI427A 2021/10

Asociación Integrados

G15973357

Servizo de formación e integración para mulleres con discapacidade 2021

1.075

18.999,12

25

15

74

70,00 %

13.299,38

SI427A 2021/11

Asociación Íntegro das Persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte

G15173263

PIMD rural

1.010

22.325,04

23

14

70

70,00 %

15.627,53

SI427A 2021/12

ONG Mestura

G15940414

Neneiras

1.838

40.009,03

43

26

96

100,00 %

40.000,00

SI427A 2021/14

Asociación Síndrome de Down Teima de Ferrol

G15458060

«A TEIMA EN FEMININO»: Apoio na etapa adulta ás mulleres coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

731

15.169,03

17

10

66

70,00 %

10.618,32

SI427A 2021/15

Aliad Ultreia

G27021120

Programa Senlleiras

1.809:30

39.997,19

42

25

90

90,00 %

35.997,47

SI427A 2021/16

Unión General de Trabajadores de Galicia (UGT Galicia)

G15383011

Servizo de atención a mulleres (S.A.M.)

1.300

28.735,20

30

18

68

70,00 %

20.114,64

SI427A 2021/17

Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense-FEMURO

G32237869

Tecendo oportunidades

1.243

27.475,27

29

17

80

80,00 %

21.980,22

SI427A 2021/18

Asociación Mujeres en Igualdad Burela (BUMEI)

G27441153

PRIAPE para mulleres en situación de vulnerabilidade. Muller: o teu traballo, a túa liberdade

1.928

38.657,18

45

27

81

80,00 %

30.925,74

SI427A 2021/19

Down Ourense

G32311870

Programa de atención integral dirixida a mulleres con discapacidade intelectual e síndrome de Down en particular, para favorecer a súa inclusión no contorno

817:10

16.713,43

19

11

61

60,00 %

10.028,06

SI427A 2021/21

Asociación Redmadre Coruña

G70180229

Briana

1.706

37.709,42

40

24

80

80,00 %

30.167,54

SI427A 2021/25

Fundación Érguete-Integración

G36861078

Proxecto E.V.A. (emprego-visibilidade-autonomía)

1.720

37.521,96

40

24

79

80,00 %

30.017,57

SI427A 2021/26

Asociación de Viudas María Andrea

G32014334

Apoiando na soidade

1.300

28.735,20

30

18

66

70,00 %

20.114,64

SI427A 2021/27

Asociación de Coaching para el Desarrollo Social y Comunitario, Daleth

G70480595

Programa Daleth 2020/2021 para mulleres en situación de especial vulnerabilidade: Bolboretas 5.0

1.818

40.003,27

42

25

88

90,00 %

36.002,94

SI427A 2021/29

Agrupación Miño Asociacións Veciñais do Rural e Periferia de Ourense

G32408023

Rede veciñal de mulleres

1.100

24.314,40

26

16

77

80,00 %

19.451,52

SI427A 2021/30

Congregación Siervas de la Pasión

R0800086A

Atención psicosocial a mulleres xestantes e/ou con nenos/as menores de dous anos

1.834

37.794,77

16

16

66

70,00 %

26.456,34

SI427A 2021/31

ADICAM. Asociación de diagnosticadas de cancro de mama e xinecolóxico

G36380301

Forza rapazas. Programa de empoderamento para mulleres en situación de vulnerabilidade

1.426

31.520,30

33

20

86

90,00 %

26.266,92

SI427A 2021/32

Cáritas Diocesana Tui-Vigo

R3600368I

Agarimo VI

2.060

45.534,24

48

29

80

80,00 %

36.427,39

SI427A 2021/33

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia, FADEMUR-Galicia

G70101647

Servizo integral para mulleres do rural en situación de vulnerabilidade

1.875

40.070,59

44

26

80

80,00 %

32.056,47

SI427A 2021/34

Asociación para o desenvolvemento social da Comarca do Deza

G36527745

Ollando cara ao futuro

544

12.024,58

13

8

66

70,00 %

8.417,21

SI427A 2021/35

Alume Saúde Mental

G27198977

Programa pluriasistencial de apoio e rehabilitación con aloxamento para mulleres en situación de especial vulnerabilidade

1.720

36.874,66

15

15

71

70,00 %

25.812,26

SI427A 2021/36

Fundación Ronsel

G15752660

Zulia, empoderamento da muller venezolana a través do emprendemento e a creación de redes

650

12.792,00

15

9

71

70,00 %

8.954,40

SI427A 2021/38

Asociación Patronato Concepción Arenal

G15030372

Programa de mediación intercultural para mulleres Concepción Arenal

4.285

82.538,39

37

37

88

90,00 %

40.000,00

SI427A 2021/39

Down Vigo: Asociación para Síndrome de Down

G36697324

Recursos integrais de atención personalizada e grupal de mulleres con Síndrome de Down e discapacidade intelectual

1.720

38.018,88

40

24

66

70,00 %

26.613,22

SI427A 2021/42

Auxilia Delegación Lugo

G08317059

Diversas pero iguais VI

400

8.841,60

9

5

83

80,00 %

7.073,28

SI427A 2021/43

Asociación de Ayuda a la Vida

G36802536

Ti podes

1.414

27.827,52

33

20

85

90,00 %

25.044,77

SI427A 2021/46

AFAGA Alzheimer

G36776920

Programa de atención integral a mulleres coidadoras de persoas con demencia

1.890

41.776,56

44

26

71

70,00 %

29.243,59

SI427A 2021/47

Asociación de Mulleres Algueirada

G32354227

Servizo de atención a mulleres anciás que viven soas ou con persoas dependentes ao seu cargo

1.118

22.016,78

26

16

71

70,00 %

15.411,75

SI427A 2021/48

APETAMCOR

G32026056

Programa Verea

430

9.504,72

10

6

71

70,00 %

6.653,30

SI427A 2021/49

Asociación de Mulleres Anel

G32207516

Servizo de atención ás mulleres maiores que viven soas ou con persoas dependentes ao seu cargo

1.495

29.421,60

35

21

61

60,00 %

17.652,96

SI427A 2021/52

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade-COGAMI

G32115941

Servizo de atención especializada á muller con discapacidade

2.588

57.205,15

60

36

73

70,00 %

40.000,00

SI427A 2021/53

Asociación Redmadre Ourense

G32394082

Nais e fillos/as

1.376:36

24.949,94

32

19

85

90,00 %

22.454,95

SI427A 2021/54

Asociación Visibles

G70601570

Programa crece (para a integración sociolaboral das mulleres de Ponteceso, Malpica e Cabana de Bergantiños)

965

18.788,40

22

13

69

70,00 %

13.151,88

SI427A 2021/56

Asociación Redmadre Pontevedra

G27707686

Nais e fill@s

1.380

26.952,48

32

19

85

90,00 %

24.257,23

SI427A 2021/57

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG)

G15068091

Recursos especializados para mulleres xordas

755

16.688,52

18

11

68

70,00 %

11.681,96

SI427A 2021/58

Andaina Pro Saúde Mental

G70264999

Atención integral para a prevención e a promoción da autonomía das mulleres no rural con trastorno mental

928

20.512,51

22

13

79

80,00 %

16.410,01

SI427A 2021/60

Asociación pola Igualdade e a Coeducación (APICO)

G94088549

Programa APICO 2020/2021: plan de loita, información e apoio integral para as vítimas de violencia de xénero

1.290

26.590,68

30

18

66

70,00 %

18.613,48

SI427A 2021/62

Asociación de Mulleres Arandeira

G32261679

Programa de empoderamento e atención integral das mulleres do rural

1.500

29.544,24

35

21

71

70,00 %

20.680,97

SI427A 2021/64

Asociación Érguete

G36642726

Intervención dende unha perspectiva de xénero con mulleres reclusas ou exreclusas «Mírate»

1.720

38.018,88

40

24

75

80,00 %

30.415,10

SI427A 2021/65

Valoresc Innovation

G70377585

A tribo de Malala. Un espazo de axuda e crecemento, con propósito e acción para mulleres vulnerables

2.240

45.834,55

52

31

62

60,00 %

27.500,73

SI427A 2021/66

Asociación Antonio Noche

G15210388

Confeccionando o teu futuro

2.100

41.239,80

49

29

86

90,00 %

37.115,82

SI427A 2021/67

ACADAR. Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia

G70223417

Programa Enrédate 3ª edición

1.173

25.927,99

27

16

75

80,00 %

20.742,39

SI427A 2021/68

Asociación Veciñal As Termas

G32334989

Espazo veciñal de apoio integral ás mulleres

518

11.449,87

12

7

66

70,00 %

8.014,91

SI427A 2021/70

Asociación Raíña Paraíso

G70461009

ECOelas rural

1.690

34.174,62

39

23

65

70,00 %

23.922,23

SI427A 2021/71

Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución

G27728658

Proxecto «Importas 3»: atención a persoas en situación de especial vulnerabilidade social

691

13.730,36

16

10

62

60,00 %

8.238,22

SI427A 2021/72

Federación EFA Galicia

G15299357

Mulleres con proxecto-Exforma (experiencias e formación)

360

7.957,44

8

5

68

70,00 %

5.570,21

SI427A 2021/74

ONGD Senvalos

G70610282

Programa VALÍA

1.676

37.046,30

39

23

76

80,00 %

29.637,04

SI427A 2021/75

Asociación Mirabal

G70312954

Programa Mimosa 2020/2021

910

18.942,72

21

13

82

80,00 %

15.154,18

SI427A 2021/76

Ayuda y Atención al Preso

G15414667

Programa Silvia

1.970

40.684,32

46

28

80

80,00 %

32.547,46

SI427A 2021/77

Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional

G15052434

OIGO. Programa integral de empoderamento e autoxestión para mulleres

915

17.249,76

21

13

62

60,00 %

10.349,86

SI427A 2021/78

Asociación Xarela Formación-Animación

G32261307

Valor-es, programa dirixido a mulleres en especial vulnerabilidade

864

19.097,86

20

12

89

90,00 %

17.188,07

SI427A 2021/79

ONGD Ecos do Sur

G15354483

Apoio a nais

1.915

42.074,64

45

27

87

90,00 %

37.867,18

SI427A 2021/82

Fundación Impulsa para el Desarrollo del Empleo y la Integración Social

G27866763

Gaia II

1.384

30.591,94

32

19

64

60,00 %

18.355,16

SI427A 2021/84

Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo

G27712306

Violencia de xénero, unha realidade oculta

1.760

37.836,48

41

25

88

90,00 %

34.052,83

ANEXO II

Lista de espera

Nº expte.

Entidade

(por orde puntuación)

NIF

Denominación do programa

Puntos

SI427A 2021/23

Asociación Diversidades

G27783950

Donas da cidade 2021

59

SI427A 2021/24

Asociación de Movilidad Humana para la Colaboración al Desarrollo

G70464334

Centro de empoderamento de mulleres migrantes empregadas do fogar e os coidados (CEMMECC)

58

SI427A 2021/41

Asociación Escola Rural de Saúde da Limia

G32426025

Mulleres do rural en crecemento

58

SI427A 2021/59

Asociación Síndrome de Down de Lugo (Down Lugo)

G27202043

Programa de empoderamento para mulleres en situación de especial vulnerabilidade de Down Lugo

56

SI427A 2021/63

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

Em-podérate 21

56

SI427A 2021/69

Asociación Dignidad Galicia

G15500853

Acompaña, en femenino

56

SI427A 2021/73

Asociación Albores Saúde Mental

G27252279

Iguais en saúde mental

56

SI427A 2021/80

Cruz Roja Española

Q2866001G

Primeira infancia: apoio a crianza de 0 a 3 anos

56

SI427A 2021/44

Rede de mulleres contra os malos tratos de Vigo

G36928646

Xuntas

54

SI427A 2021/61

Acción Familiar Ferrol

G15745466

Reinvéntate-programa de apoio integral a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

53

SI427A 2021/13

Asociación Saúde Mental A Creba

G15476310

Apoio integral a mulleres en situación de especial vulnerabilidade procedentes do medio rural

52

SI427A 2021/20

Cáritas Diocesana de Ourense

R3200098F

Apoia a vivenda 2021

50

SI427A 2021/22

Asociación Cultural Vive Vilariño

G32504508

Un camiño de igualdade

49

SI427A 2021/37

ASPNAIS

G27018365

Programa de igualdade para as mulleres con discapacidade intelectual de ASPNAIS

47

SI427A 2021/40

Fundación Amigó

G81454969

Proxecto acompañando

43

SI427A 2021/45

Fundación Formavigo

G27753367

Traballo cualificado para mulleres en especial vulnerabilidade no sector do metal

42

SI427A 2021/81

Asociación Española Contra el Cáncer

G28197564

Atención especializada a mulleres con cancro

42

SI427A 2021/28

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

R1500053B

Programa materno-infantil

41

SI427A 2021/55

Fundación Diagrama Intervención Psicosocial

G73038457

Programa de atención integral para a empregabilidade de mulleres vítimas de violencia de xénero

39

ANEXO III

Solicitudes denegadas

Nº expte.

Entidade

NIF

Denominación do programa

Causa

SI427A 2021/01

Asociación O Son do Pobo

G94017704

Proxecto de apoio, asesoramento, formación e integración laboral de mulleres desfavorecidas en risco

Artigo 4.1.a) das bases reguladoras: non está inscrita na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

SI427A 2021/50

Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer de Chantada

G27320225

Gabinete de apoio á muller coidadora

Artigo 4.1.a) das bases reguladoras: non está inscrita na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

SI427A 2021/51

Asociación Valores Galicia

G01980895

Alternativas de convivencia para mulleres vítimas de violencia de xénero

Puntos 1.a) e 3 do artigo 4 das bases reguladoras: a inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS) é posterior á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

SI427A 2021/83

Asociación de Maiores de Ponteareas

G36341113

Camiños por descubrir

Puntos 1.a) e 3 do artigo 4 das bases reguladoras: á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes a entidade non está inscrita na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).