Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 2 de xuño de 2021 Páx. 27303

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2021

Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Medio Rural
nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2021

Título

Obxecto

Data da sinatura

Achega económica da Consellería (€)

Addenda ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Federación Galega de Municipios e Provincias e as deputacións provincias en materia de emerxencias e prevención e defensa contra incendios forestais, para o desenvolvemento dos grupos de emerxencia supramunicipais.

Colaboración das distintas institucións participantes para completar o mapa de emerxencias de Galicia mediante o desenvolvemento dos grupos de emerxencias supramunicipais (GES).

Mediante esta addenda incorpóranse ao convenio varios acordos adoptados pola Comisión de Seguimento dos GES que supoñen a modificación de varias das súas cláusulas e anexos.

17.3.2021

262.500 € (incremento que supón a addenda para a Consellería do Medio Rural)

Primeira addenda ao acordo de colaboración entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. para a realización dun programa de investimentos para estender a cobertura poboacional e territorial da Rede dixital de emerxencias e seguridade de Galicia, e optimizar a prestación de servizos e aplicacións para as entidades adheridas, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

O obxecto desta addenda é realizar un reaxuste de anualidades, para poder executar as actuacións pendentes durante 2021.

8.4.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Escola Galega da Administración Pública para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

A participación nas actividades da Escola Galega da Administración Pública do persoal dependente da Consellería do Medio Rural, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes do convenio.

19.2.2021

Sen achega económica

Acordo de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento evolutivo da aplicación de xestión do parque móbil da Consellería.

Establecer as pautas que se seguirán na colaboración entre a Consellería de Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para o desenvolvemento do proxecto «Evolución do sistema informático para a xestión do parque móbil da Consellería de Medio Rural (PAMOB)».

28.4.2021

48.000 €

Convenio entre a Consellería do Medio Rural e o Club Raza Can de Palleiro para a concesión dunha axuda para a realización de actividades de promoción, fomento e difusión da raza can de palleiro no período 2021-2024.

O obxecto deste convenio é establecer as condicións en que se concederá unha axuda ao Club Raza Can de Palleiro para a realización de actividades de promoción, fomento e difusión da raza can de palleiro.

9.4.2021

60.000 €

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL) para a realización das análises de mostras de leite procedentes do control leiteiro do gando vacún de Galicia nas explotacións leiteiras para o período 2021-2024.

O obxecto deste convenio é regular as condicións de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL), para a realización das análises das mostras de leite correspondentes ao control do rendemento leiteiro oficial para a avaliación xenética na especie bovina na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co sinalado no Real decreto 368/2005, do 8 de abril, e a súa participación no Programa de mellora xenética de frisón, no marco do Decreto 120/2011, do 16 de xuño, para o período 2021-2024.

25.3.2021

2.000.000 €