Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 1 de xuño de 2021 Páx. 27150

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación do texto refundido da modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1) para limitar os aloxamentos de carácter temporal no seu tecido residencial, en execución da sentenza do TSXG número 547/2020.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de febreiro de 2021, adoptou entre outros o seguinte acordo:

Primeiro. Tomar coñecemento da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nº 547/2020, con data do 19 de outubro de 2020, ditada no PO 4031/2019, na cal se decide o seguinte:

Anular a modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica aprobada definitivamente en sesión plenaria do 15 de novembro de 2018, ben que limitada ao artigo 143.bis, así como a aquelas referencias contidas na mesma modificación puntual, no que concirne á prohibición de aloxamentos temporais no ámbito da cidade histórica.

Segundo. Aprobar o texto refundido dos artigos 150, 151, 152, 153, 154 e 155 do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica, axustado ao resolvo da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nº 547/2020 (PO 4031/2019), coa nova redacción que se publica no Boletín Oficial da provincia.

Contra o acordo anteriormente transcrito, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2021

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleira delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica