Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 1 de xuño de 2021 Páx. 27105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 22 de marzo de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a documentación de solicitude de autorización ambiental integrada para unha explotación porcina de ceba situada no lugar de Castro, parroquia de Castro de Cabras, concello de Lalín (expediente 2020-IPPC-I-113).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 316, do 31.12.2016), e no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11.12.2013), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– Memoria de ampliación de explotación para cebo de porcino.

Para que calquera interesado poida consultalo e, se for o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes, o documento estará á súa disposición na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2021

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Expediente: 2020-IPPC-I-113.

Peticionario: Edesio Vence Reboredo.

Enderezo social: lugar de Tecedeiras, núm. 18, Castro de Cabras, concello de Lalín (Pontevedra).

Localización da instalación: lugar de Castro, parroquia de Castro de Cabras, concello de Lalín (Pontevedra).

Actividade principal: explotación porcina de porcos de ceba.

Descrición: a explotación disporá de 2.998 porcos de ceba, distribuídos en 4 naves. Na instalación existen 2 pozos de captación de auga potable, 2 depósitos para o almacenamento da dita auga e silos para o almacenamento do penso. Ademais, existirá un conxunto de fosas interiores e 3 fosas exteriores cubertas que garantirán o almacenamento do xurro producido en 6 meses.

Verteduras: as augas residuais xeradas nos aseos son recollidas nas fosas de xurro. As aguas residuais procedentes da limpeza das naves son recollidas nas fosas interiores das naves xunto co xurro producido, para seren xestionadas posteriormente con este. As aguas residuais do vao sanitario son conducidas a unha fosa estanca para seren recollidas posteriormente por un xestor autorizado. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

O xurro xerado será recollido por xestor autorizado.