Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 1 de xuño de 2021 Páx. 26996

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 22 de marzo de 2021 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2021, 2022 e 2023 (código de procedemento BS212A).

A Consellería de Política Social convocou no ano 2021, a través da Orde do 22 de marzo de 2021 (DOG núm. 61, do 31 de marzo), axudas para a posta en marcha de casas do maior nos anos 2021, 2022 e 2023.

O prazo e a forma de presentación de solicitudes está regulado no artigo 10 da dita Orde do 22 de marzo de 2021, e no artigo 11 determínase a documentación que se deberá xuntar coa solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non contan coa documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo establece o referido artigo 10 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación do requirimento, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos. Se así non o fixeren, teranse por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos polo artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, e tal como sinala o artigo 18 da citada orde pola que se convocan as axudas, os requirimentos de emenda publicaranse no Diario Oficial de Galicia. A dita publicación producirá os efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras para a súa emenda segundo o acto de requirimento ditado polo órgano responsable da tramitación o 18 de maio de 2021. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as persoas solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Subdirección Xeral de Recursos Residenciais e de Atención Diúrna a través da conta de correo subxmaioresdiscapacidade.politicasocial@xunta.gal

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2021

Fernando González Abeijón
Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO

Requirimento de emenda das solicitudes na Orde do 22 de marzo de 2021
(código de procedemento BS212A)

Núm. expediente

Solicitante

NIF

Emendas/Documentación requirida

BS212A/2021/1

3C Maiores Coop. Galega

(Eliana Quintáns París)

***3551**

Adecuación do anexo III ás adaptacións propostas no inmoble

BS212A/2021/2

Adriana Seijo González

***8549**

Proposta metodolóxica básica completa e debidamente asinada que responda aos criterios establecidos no artigo 11.1.e) da orde.

Descrición do equipamento nos termos do 11.1.f) da orde, incluíndo características e composición e indicando se son ou non de nova adquisición.

Planos a escala e acoutados do estado actual do inmoble (artigo 11.1.g).

BS212A/2021/4

Amara Portabales Baños

***5872**

Aclarar denominación da casa do maior.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo III.

Adecuar a proposta metodolóxica básica aos aspectos establecidos no artigo 11.1.e) da orde e ao contido da orde.

Completar a descrición do equipamento nos termos do artigo 11.1.f) da orde, incluíndo características e composición e indicando se son ou non de nova adquisición.

Memoria descritiva nos termos previstos no artigo 11.1.d) da orde.

Memoria descritiva do inmoble: planos a escala acoutados do estado actual acompañados de fotografías de todas as estancias coa proposta das adaptacións ou obras de reforma, de ser o caso, planos a escala representativos do estado reformado (artigo 11.1.g).

BS212A/2021/5

Ana Belén Basalo Pereira

***3130**

Certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde.

Proposta metodolóxica básica completa e debidamente asinada desenvolvendo os aspectos establecidos no artigo 11.1.e) da orde.

Descrición do equipamento nos termos do artigo 11.1.f) da orde, incluíndo características e composición e indicando se son ou non de nova adquisición.

BS212A/2021/9

Ana María Varela Ferreiro

***9652**

Adecuar a proposta metodolóxica aos contidos da orde.

Completar memoria descritiva cos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística dos últimos tres anos.

Completar descrición do equipamento nos termos previstos no artigo 11.1.f), indicando características e composición e indicando se son ou non de nova adquisición.

BS212A/2021/16

Celia Casal Rodríguez

***1247**

Planos a escala acoutados do estado actual acompañados de fotografías de todas as estancias coa proposta das novas adaptacións e planos a escala representativos do estado reformado das novas adaptacións propostas, segundo o artigo 11, punto 1.g).

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo III adaptado á nova proposta de reforma do inmoble.

BS212A/2021/18

Claxes Soc. Coop. Galega (Adriana Pose Silva)

***9120**

Planos a escala acoutados do estado actual e planos a escala representativos do estado reformado, segundo o artigo 11.1.g) da orde.

BS212A/2021/19

Claxes Soc. Coop. Galega (María Pilar Carballo Campaña)

***9120**

Completar a memoria descritiva do inmoble aclarando a distribución dos baños, segundo o artigo 11.1.g) da orde.

BS212A/2021/25

Cristina Carballo Mascareñas

***9668**

Adecuar a proposta metodolóxica aos contidos da orde.

BS212A/2021/26

Cristina Pereiro Castro

***7515**

Anexo III debidamente asinado.

Proposta metodolóxica debidamente asinada pola persoa que vai desenvolver o proxecto, segundo se indica no artigo 11.1.e).

Descrición do equipamento nos termos do artigo 11.1.f) da orde, incluíndo características e composición e indicando se son ou non de nova adquisición.

BS212A/2021/28

Demetrio Calviño Méndez

***8520**

Certificado ou informe médico acreditativo das condicións de saúde.

Descrición do equipamento e materiais nos termos do artigo 11.1 letra f).

Completar memoria descritiva cos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística dos últimos tres anos.

Completar a proposta metodolóxica desenvolvendo os puntos de participación das familias e relacións coa comunidade.

Completar a memoria descritiva do inmoble cos planos a escala acoutados do estado actual acompañados de fotografías de todas as estancias coa proposta das adaptacións ou obras de reforma, de ser o caso, planos a escala representativos do estado reformado (artigo 11.1.g). Os cuartos de baño non poden abrir a un espazo vivideiro (Normas do hábitat de Galicia).

BS212A/2021/30

Érica Casanova Quiñoa

***0835**

Planos a escala representativos do estado reformado. O acceso ao cuarto de baño efectuarase a través dos espazos de comunicación e nunca directamente desde unha peza vivideira (Normas do hábitat de Galicia).

BS212A/2021/33

Eva María García León

***2996**

Completar a proposta metodolóxica desenvolvendo os puntos de alimentación, hixiene, participación das familias e relacións coa comunidade.

Adecuar a documentación acreditativa da dispoñibilidade do inmoble durante o período subvencionado, tendo en conta o período mínimo de permanencia da actividade empresarial subvencionada establecida no artigo 5 da orde.

BS212A/2021/34

Janet Rodríguez Iglesias

***0871**

Proposta metodolóxica básica completa e debidamente asinada desenvolvendo os aspectos establecidos no artigo 11.1.e) da orde. Desenvolver os puntos de participación coas familias e relacións coa comunidade e incorporar o protocolo de hixiene, atención e coidados.

Completar descrición do equipamento nos termos previstos no artigo 11.1.f), indicando características e composición e indicando se son ou non de nova adquisición.

Completar a memoria descritiva do inmoble nos termos do artigo 11.1.g) da orde.

BS212A/2021/35

Jesús Gómez Regueira

***0487**

Completar a proposta metodolóxica desenvolvendo os puntos de participación das familias e relacións coa comunidade.

BS212A/2021/36

José Manuel Lois Reinoso

***2485**

Completar descrición do equipamento nos termos previstos no artigo 11.1.f), indicando características e composición e indicando se son ou non de nova adquisición.

Memoria descritiva do inmoble, planos a escala acoutados do estado actual acompañados de fotografías de todas as estancias coa proposta das adaptacións ou obras de reforma, de ser o caso, planos a escala representativos do estado reformado, segundo o artigo 11.1.g) da orde.

BS212A/2021/37

Julia Maquieira Gómez

***2680**

Proposta metodolóxica debidamente asinada pola persoa que vai desenvolver o proxecto, segundo se indica no artigo 11.1.e).

BS212A/2021/39

Leticia Gutiérrez González

***9645**

Certificado ou informe médico acreditativo das condicións de saúde.

Memoria descritiva do inmoble, fotografías de todas as estancias do estado actual, segundo o artigo 11.1.g) da orde.

BS212A/2021/40

Lorena Gándara Rojo

***7337**

Completar proposta metodolóxica e asinala pola persoa que vai desenvolver o proxecto segundo se indica no artigo 11.1.e).

BS212A/2021/42

Manoel Pérez Rodríguez

***8093**

Memoria descritiva do inmoble da nova proposta de inmoble, nos termos do artigo 11.1.g) da orde.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo III referido á nova proposta de inmoble, segundo o artigo 11.1.h) da orde.

BS212A/2021/43

María Asunción Parga Cousillas (Monte Branco Soc. Coop. Galega)

***6366**

Adecuar o anexo III aos gastos subvencionables previstos no artigo 6 da orde.

BS212A/2021/44

María Carmen Castro Lorigados

***2871**

Completar a proposta metodolóxica desenvolvendo os puntos relativos á participación coas familias e relacións coa comunidade.

BS212A/2021/46

María del Carmen Doval Núñez

***2086**

Completar a proposta metodolóxica desenvolvendo os puntos relativos á participación coas familias e relacións coa comunidade.

BS212A/2021/52

María Luisa Rivera Ventura

***2933**

Anexo IX debidamente cuberto e asinado.

BS212A/2021/53

María Luisa Rodríguez Lama

***6940**

Completar a memoria descritiva do inmoble con fotografías de todas as estancias, segundo o artigo 11.1.g) da orde.

BS212A/2021/54

María Sonia Fernández Peña

***0228**

Proposta metodolóxica asinada pola persoa que vai desenvolver o proxecto, segundo se indica no artigo 11.1.e).

BS212A/2021/56

Marta Freire Vázquez

***0989**

Proposta metodolóxica debidamente asinada pola persoa que vai desenvolver o proxecto, segundo se indica no artigo 11.1.e).

Planos a escala representativos do estado reformado con indicación de usos (artigo 11.1.g). Dependendo destes usos evitarase portas dos baños con abertura á zona de comedor ou de lecer, vestíbulo previo (Normas do hábitat de Galicia).

BS212A/2021/59

Miguel Ángel Paz Garza

***7969**

Proposta metodolóxica debidamente asinada pola persoa que vai desenvolver o proxecto, segundo se indica no artigo 11.1.e).

BS212A/2021/60

Milagros Rodríguez Conde

***3318**

Proposta metodolóxica debidamente asinada pola persoa que vai desenvolver o proxecto segundo se indica no artigo 11.1.e).

Adecuar a documentación acreditativa da dispoñibilidade do inmoble durante o período subvencionado, tendo en conta o período mínimo de permanencia da actividade empresarial subvencionada establecida no artigo 5 da orde.

BS212A/2021/63

Obdulia da Cunha Prieto

***8452**

Adecuar a proposta metodolóxica aos contidos da orde.

BS212A/2021/66

Patricia Sanguiao Mejuto

***3673**

Proposta metodolóxica básica completa e debidamente asinada desenvolvendo, os puntos establecidos no artigo 11.1.e) da orde. Desenvolver os puntos de acollida, participación das familias, relacións coa comunidade e hixiene, así como incorporar os protocolos de caídas, hixiene persoal, atención e coidados e suxestións e reclamacións.

Aclarar a duración das obras de reforma, tendo en conta os prazos establecidos nos artigos 4.3 e 11.2 da orde.

BS212A/2021/71

Sandra Arza Rodríguez

***6945**

Completar a proposta metodolóxica básica desenvolvendo os puntos de participación das familias e relacións coa comunidade, así como incorporar os protocolos de caídas, hixiene, atención e coidados e suxestións e reclamacións.

Completar memoria descritiva cos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística dos últimos tres anos.

Planos a escala acoutados do estado actual e planos a escala representativos do estado reformado, segundo o artigo 11.1.g) da orde.

BS212A/2021/72

Sorema Soc. Coop. Galega (María Puga Alonso)

***8701**

Anexo I debidamente cuberto e asinado.

Acreditación da representación para as sinaturas dos anexos III e IX.

Completar a proposta metodolóxica básica desenvolvendo os aspectos xerais de funcionamento e organización da casa, así como os elementos esenciais do desenvolvemento da actividade e que, en todo caso, deberá abordar os seguintes contidos: ingreso, acollida e período de adaptación, participación das familias, relacións coa comunidade, alimentación, hixiene, hábitos de autonomía persoal e programación xeral dunha xornada.

Anexo V debidamente cuberto cos datos da persoa que se vai encargar do desenvolvemento do proxecto.

BS212A/2021/73

Sorema Soc. Coop. Galega (María Begoña Alonso García)

***8701**

Anexo I debidamente cuberto e asinado.

Acreditación da representación.

Certificado ou informe médico oficial acreditativo das condicións de saúde referida á/ás persoa/s socia/s que desenvolverán o proxecto piloto.

Memoria descritiva en que se recolla a localización xeográfica e o número potencial de persoas maiores usuarias e se xustifique a súa necesidade e oportunidade, apoiada na análise da contorna e nos datos oficiais de poboación publicados polo Instituto Galego de Estatística dos últimos tres anos.

Proposta metodolóxica básica, asinada pola/s persoa/s que desenvolverá/n o proxecto piloto, que permita coñecer os aspectos xerais de funcionamento e organización da casa, así como os elementos esenciais do desenvolvemento da actividade e que, en todo caso, deberá abordar os seguintes contidos: ingreso, acollida e período de adaptación, participación das familias, relacións coa comunidade, alimentación, hixiene, hábitos de autonomía persoal e programación xeral dunha xornada. A proposta metodolóxica incluirá protocolos básicos de actuación con persoas maiores: protocolo de caídas, de hixiene persoal, atención e coidados, suxestións e reclamacións.

Descrición do equipamento e materiais que se empregarán no desenvolvemento do proxecto: características e composición de todos os elementos recollidos na letra c) do artigo 4.1. Incluiranse o mobiliario, electrodomésticos e materiais didácticos ou de estimulación cognitiva que se vaian empregar no desenvolvemento do proxecto indicando se son ou non de nova adquisición.

Memoria descritiva do inmoble: planos a escala acoutados do estado actual do inmoble acompañados de fotografías de todas as estancias coa proposta das adaptacións ou obras de reforma que se realizarán, de ser o caso, en cada unha delas. De realizar obras, planos a escala representativos do estado reformado.

Orzamento desagregado dos gastos de investimento segundo o establecido no anexo III.

Anexo V cuberto cos datos da persoa que se vaia encargar do desenvolvemento do proxecto.

BS212A/2021/74

Sorema Soc. Coop. Galega (Fátima Carbia Castro)

Orzamento desagregado dos gastos de investimento, segundo o establecido no anexo III.

Anexo V cuberto cos datos da persoa que se vaia encargar do desenvolvemento do proxecto.

BS212A/2021/75

Sorema Soc. Coop. Galega (Isabel Manteiga Pardo)

BS212A/2021/76

Sorema Soc. Coop. Galega (Lucía Lesta García)

BS212A/2021/77

Sorema Soc. Coop. Galega (Alba Lis Lavandeira Costas)

BS212A/2021/78

Sorema Soc. Coop. Galega (Beatriz Barbeito García)

BS212A/2021/79

Sorema Soc. Coop. Galega (Paula Serramito Germil)

BS212A/2021/80

Sorema Soc. Coop. Galega (Isabel San Miguel Sánchez)