Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 31 de maio de 2021 Páx. 26885

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 120/2019).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 120/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Canicoba Aboy contra a empresa Mecanizados Aneal, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Resolvo que, estimando integramente a demanda interposta por Jesús Canicoba Aboy contra Mecanizados Aneal, S.L., debo condenar e condeno a mercantil Mecanizados Aneal, S.L. a aboarlle ao demandante a suma de 2.572,98 euros brutos –polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta sentenza–, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) sobre a dita cantidade, desde a presentación da papeleta de conciliación ata esta resolución, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir desta resolución.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

Para que sirva de notificación en legal forma a Mecanizados Aneal, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza