Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 31 de maio de 2021 Páx. 26781

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ORDE do 25 de maio de 2021 pola que se amplía o crédito da Orde do 18 de decembro de 2020, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións destinadas á creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento IN541A).

A través da Orde do 18 de decembro de 2020 (DOG núm. 4, do 8 de xaneiro de 2021) convocáronse para o ano 2021 as subvencións destinadas á creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva.

O artigo 2 da parte dispositiva da Orde do 18 de decembro de 2020, relativo ao crédito orzamentario destinado ás axudas, establece que se destinará unha contía de 800.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 06.02.732-A 760.1, e prevese a posibilidade de incrementar esas cantidades en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito, este feito non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Para a tramitación dos expedientes de axuda desta convocatoria o crédito orzamentario inicial deberase incrementar para atender as necesidades de fondos para a súa tramitación. Polo que procede a oportuna modificación orzamentaria e incorporar crédito na aplicación 06.02.732-A 760.1 Axudas para a creación de viveiros industriais de empresas en parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia por un importe total de 549.928,48 €.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único. Ampliación do crédito orzamentario

Modificar o artigo 2 da parte dispositiva da Orde da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación do 18 de decembro de 2020, no referente ao crédito orzamentario destinado, e incrementar este en 549.928,48 euros, daquela pasa de 800.000 euros á cantidade final de 1.349.928,48 euros.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2021

Francisco Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro
de Economía, Empresa e Innovación