Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 31 de maio de 2021 Páx. 26805

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publican os requirimentos de emenda da documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS508C).

Con data do 31 de marzo de 2021, publícase no Diario Oficial de Galicia número 61, a Orde do 17 de marzo de 2021 pola que se regulan as bases das subvencións para entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas no programa Voluntariado sénior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento BS508C).

O artigo 7 da orde de convocatoria establece o prazo e a forma de presentación das solicitudes. O prazo de presentación de solicitudes sinalado no citado artigo é dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, no artigo 8 da orde determínase a documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 9 da dita orde establece, de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, o órgano instrutor requirirá á entidade solicitante para que, nun prazo de dez (10) días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da referida lei.

Así mesmo, o artigo 15 da orde de convocatoria establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.

Por todo o exposto,

RESOLVO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria. De non o facer, daranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 95 79 20 ou 881 99 65 30.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2021

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Entidades de acción voluntaria e entidades locais enmarcadas
no programa Voluntariado sénior

Nº expediente

Solicitante

NIF da entidade

Documentación requirida

BS508C 2021/012

Concello de Lalín

P3602400H

– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

BS508C 2021/021

Concello de Val do Dubra

P1508900F

– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b).

BS508C 2021/022

Fundación Amigos de la Barrera

G32321978

– Anexo I: adaptar a data de fin de proxecto acorde co artigo 1 da orde de convocatoria.
– Proxecto de actividades (art. 8.1.a): adaptar a data de fin de proxecto (art. 1) e o número de persoas voluntarias (art. 2).
– Anexo I ou proxecto: o número de persoas beneficiarias indicado non coincide.

BS508C 2021/025

Concello de Sarria

P2705700I

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.
– Anexo I: indicar o número de persoas beneficiarias e adaptar o orzamento solicitado (art. 6.4).
– Certificado da persoa secretaria sobre a existencia de crédito suficiente e adecuado (art. 8.1.b): adaptar a cantidade indicada nas fontes de financiamento ao artigo 6.4.
– Proxecto de actividades (art. 8.1.a): cuantificar o número de persoas beneficiarias e rectificar o nome da orde na portada.
– Anexo I ou proxecto: non coincide a data de fin de proxecto indicada no anexo I co indicada nas páxinas 4 e 6 do proxecto.

BS508C 2021/030

Asociación Protectora de Animais Bai.Senpulgas

G27805910

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.
– Anexo I: indicar o orzamento solicitado, adaptar a data de fin de proxecto (art. 1), rectificar o número de persoas beneficiarias acorde co proxecto, adaptar o cálculo dos gastos das persoas voluntarias (art. 6.4) e o cálculo das partes do orzamento.
– Proxecto de actividades (art. 8.1.a): adaptar a data de fin de proxecto (art. 1), adaptar o cálculo do orzamento (art. 6.4), indicar o número de persoas voluntarias que participan no proxecto e o número de persoas beneficiarias do proxecto.

BS508C 2021/033

Concello de Cambre

P1501700G

– Anexo I: rectificar as partes do orzamento acorde co orzamento total indicado no proxecto.
– Proxecto de actividades (art. 8.1.a): indicar a identificación de problemas que motivan o proxecto e revisar o encabezado das táboas de orzamento da páxina 5 no referente ao proxecto e ao ano.

BS508C 2021/036

Concello de Mos

P3603300I

– Proxecto de actividades (art. 8.1.a).
– Anexo I: consonte o proxecto.

BS508C 2021/044

Fundación Eduardo Pondal

G70262951

– Acreditación fidedigna da persoa representante legal da entidade.