Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 27 de maio de 2021 Páx. 26357

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 41/2021).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 41/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio López Otero contra Turmens Logística Urgente, S.L. e o Fogasa, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: Paloma Recalde Álvarez.

En Santiago de Compostela o catro de maio de dous mil vinte e un.

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar o executado Turmens Logística Urgente, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 7.115,2 euros en concepto de principal (5.522,08 euros en concepto de salarios e vacacións, 1.545,20 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais que comportan 5.004,42 euros, 47,92 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre os conceptos indemnizadores que comportan 517,66 euros), máis outros 711,52 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Turmens Logística Urgente, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza