Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 27 de maio de 2021 Páx. 26359

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 160/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 160/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eligio Cancela Prego contra Lumaso Telecomunicaciones, S.L., sobre despedimento, se ditou decreto de insolvencia do 3 de maio de 2021, contra o cal se poderá interpor recurso de revisión no prazo de tres días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na Secretaría deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación na forma legal a Lumaso Telecomunicaciones, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza