Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 27 de maio de 2021 Páx. 26352

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (73/2020).

Eu, Patricia Raposo Fernández, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, mediante o presente edicto, anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de Mafari Café, S.L.U. fronte a Administración Safer, S.L., Juan Jiménez Escudero e Javier Rodríguez Serrano, sobre reclamación de cantidade, ditouse Sentenza do 28.4.2021, aclarada por Auto do 30.4.2021, onde os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto, contra a cal cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se interporá por escrito ante este xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación.

E estando os devanditos demandados, Administración Safer, S.L., Juan Jiménez Escudero e Javier Rodríguez Serrano, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lles sirva de notificación na forma.

Pontevedra, 3 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza