Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 27 de maio de 2021 Páx. 26364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza a exución do proxecto de desmontaxe e peche dunha instalación eléctrica no concello de Caldas de Reis (expediente IN407A 2020/115-4).

Visto o expediente para a autorización de desmontaxe e peche da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: desmantelamento LAT 66 kV Reserva Tibo.

Situación: Caldas de Reis.

Elementos a desmontar: desmantelamento da LAT 66 kV Reserva Tibo, desde o apoio 1 ata o 5, cunha lonxitude total de 332 metros:

• Desmontaxe de 5 apoios.

• Desmontaxe do condutor.

• Desmontaxe de cadeas de aisladores.

• Desmontaxe de cimentacións e tomas de terra.

A obra está situada en Tibo, Caldas de Reis.

De acordo co disposto no artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos artigos 135 a 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o peche de instalacións está suxeito a un procedemento de autorización. En consecuencia esta xefatura territorial resolve:

Autorizar a execución das actuacións recollidas no proxecto desmontaxe da LAT 66 kV Reserva Tibo, concedéndolle un prazo de doce (12) meses, a partir da recepción deste documento, para a súa realización.

O remate dos traballos descritos neste proxecto deberá ser comunicado a esta xefatura territorial, coa finalidade de que sexan comprobadas as actuacións realizadas e emitir a preceptiva acta de peche de instalacións, tal e como dispón o artigo 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das actuacións autorizadas.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 30 de abril de 2021

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Decreto 230/2020, do 23 de decembro;
DOG núm. 5, do 11.1.2021, artigos 36.3 e 37.1)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial