Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 26 de maio de 2021 Páx. 26267

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de información pública da regularización do cemiterio de Pesqueiras.

De conformidade co disposto no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, sométese a información pública durante o prazo de vinte días hábiles, para efectos de reclamacións, na Secretaría Xeral deste Concello, o expediente de edificación seguinte:

– José Martínez Rodríguez, en nome e representación da Asociación de Veciños Castelo de Pesqueiras, para regularización do cemiterio parroquial de Pesqueiras, ao abeiro da disposición adicional primeira do Decreto 151/2014, do 20 de novembro, de sanidade mortuoria de Galicia.

Horario e consulta do expediente: de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas, na Secretaría do Concello.

Salvaterra de Miño, 28 de abril de 2021

Marta Valcárcel Gómez
Alcaldesa