Pola Resolución da segunda tenente de alcalde delegada de Persoal nº 2021001782, do 20 de abril de 2021, aprobouse a oferta de emprego público do Concello de Oleiros correspondente ao ano 2021, que queda configurada polas prazas que se relacionan a seguir:
Persoal funcionario:
Denominación |
Nº |
Subgrupo |
Escala |
Subescala |
Clase |
Técnico |
1 |
A1 |
Administración especial |
Técnica |
Superior |
Policía local |
1 |
C1 |
Administración especial |
Servizos especiais |
Policía local |
Persoal laboral:
Denominación |
Nº |
Titulación exixida |
Xefe de unidade de parques e xardíns |
1 |
Bacharelato ou técnico |
Auxiliar de bibliotecas |
1 |
Graduado en ESO |
Oleiros, 21 de abril de 2021
O alcalde
P.D. (Decreto de alcaldía nº 2019002619, do 20 de xuño)
Margarita Figueroa Vázquez
Segunda tenente de alcalde delegada de Persoal