Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 26 de maio de 2021 Páx. 26273

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no primeiro cuadrimestre de 2021.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, faise pública a relación de convenios subscritos no primeiro cuadrimestre de 2021 por esta Fundación.

Data de sinatura

Importe con cargo ao orzamento da Fundación

Convenio

26.1.2021

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Fundación Bancaria Caixa D’estalvis i Pensions de Barcelona, «La Caixa», para a instalación da exposición «Faraón. Rey de Egipto», na sala 2 do terceiro andar do Museo Centro Gaiás da Cidade de la Cultura.

26.1.2021

0,00 €

Convenio de colaboración para a creación do plató en liña Galicia Mice na Cidade da Cultura para a realización de eventos virtuais.

4.2.2021

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense para a itinerancia da exposición temporal «Galicia, de Nós a Nós».

25.2.2021

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Fundación Cidade da Cultura de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra para a itinerancia da exposición temporal «Galicia, de Nós a Nós».

2.3.2021

0,00 €

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para a realización de prácticas de alumnos do curso de posgrao propio de Experto Universitario en Xestión Cultural.

7.4.2021

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para levar a cabo as obras de edificación do centro de Ciberseguridade de Galicia.

8.4.2021

0,00 €

Convenio de colaboración empresarial en actividades de interese xeral (art. 25 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado) entre Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, S.A.U. e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia.

14.4.2021

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo, a Universidade da Coruña e a Fundación Cidade da Cultura de Galicia para a realización de prácticas de alumnos/as do Máster interuniversitario en estudos ingleses avanzados e as súas aplicacións.

29.4.2021

3.466,09 €

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e entes instrumentais do sector público autonómico para o desenvolvemento de actividades de formación.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2021

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia