Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 26 de maio de 2021 Páx. 26258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 22 de abril do 2021 pola que se autoriza a transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas Arroas II, Jalda V, Laureano V e Peregrina.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión das bateas Arroas II, Jalda V, Laureano V e Peregrina e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

a) Antecedente de feito:

Mediante escrito do 21 de abril de 2021, Mejillones Juncal, S.L. solicitou autorización para a transmisión das concesións administrativas e das bateas Arroas II, Jalda V, Laureano V e Peregrina.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver os expedientes de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, de 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro); e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños en augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Antonio Antepazo Juncal (***0685**), das concesións administrativas e das bateas que se indican a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Arroas II.

Situación:

Cuadrícula nº: 4.

Polígono: C.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 29.9.1967.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Jalda V.

Situación:

Cuadrícula nº: 17.

Polígono: G.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 29.9.1967.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Laureano V.

Situación:

Cuadrícula nº: 26.

Polígono: C.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 29.9.1966.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Peregrina.

Situación:

Cuadrícula nº: 20.

Polígono: F.

Distrito: Cangas (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 14.3.1967.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Mejillones Juncal, S.L. (B36392405)

Novo titular: Antonio Antepazo Juncal (***0685**)

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O actual titular deberá presentar no prazo máximo de un mes, desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 22 de abril de 2021

A conselleira do Mar
P.D. (Orde 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo