Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 26 de maio de 2021 Páx. 26241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá publicidade á resolución do expediente de aprobación do proxecto de ordenación forestal Coto Redondo, na parroquia de Santalla, concello de Samos, provincia de Lugo (código PO-00023404J(1.1).

Antecedentes

Primeiro. Con data do 28.1.2021 tivo entrada o expediente con código PO-00023404J(1.1), titulado Proxecto de ordenación forestal Coto Redondo. Segundo o procedemento estipulado na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o promotor solicitou o inicio da tramitación de impacto ambiental da actuación de repoboación incluída no devandito proxecto.

Con data do 2.3.2021 o órgano ambiental resolveu formular a declaración de impacto ambiental do proxecto de repoboación forestal no MVMC Coto Redondo, na parroquia de Santalla, no concello de Samos (Lugo) promovido pola CMVMC de Caselas e Parada, que está incluída nas actuacións do proxecto de ordenación forestal PO-00023404J(1.1), e concluíu que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no EIA e a restante documentación avaliada, o condicionado que figura neste documento.

Segundo. Con data do 30.4.2021 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal asina a resolución de aprobación do expediente PO-00023404J(1.1) titulado Proxecto de ordenación forestal Coto Redondo, parroquia de Santalla, concello de Samos, provincia de Lugo, segundo o artigo 81.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Terceiro. De conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, o órgano substantivo, no prazo mais breve posible e en todo caso antes dos quince días hábiles desde que adopte a decisión de autorizar ou denegar o proxecto, remitirá ao diario oficial correspondente, para a súa publicación, un extracto do contido da dita decisión.

Así mesmo, publicará na súa sede electrónica unha referencia ao diario oficial correspondente en que se publicou a declaración de impacto ambiental e o extracto sobre a decisión de autorizar ou denegar o proxecto.

Polo anteriormente exposto,

RESOLVO:

Facer pública a resolución de aprobación citada no antecedente primeiro de conformidade co artigo 42 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Expediente: PO-00023404J(1.1) primeira presentación proxecto ordenación forestal Coto Redondo.

A dita resolución poderase consultar na ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/es/temas/forestal/ordenacion/instrumentos-de-ordenacion-ou-de-xestion-forestal 

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2021

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal