Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 25 de maio de 2021 Páx. 25983

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO de notificación da proposta de resolución do procedemento sancionador 2021/X998/000018 por infracción en materia de biomasa.

De conformidade co disposto nos artigos 44, 46 e 89 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Vaiben-Cons, S.L. con CIF B15644024 e a Promociones e Inversiones Rivero y Graña, S.L. con CIF B70008024, a proposta de resolución do expediente sancionador co nº 2021/X998/000018, instruído por infracción grave tipificada no artigo 15.a) da Ordenanza municipal non fiscal reguladora da xestión da biomasa e distancias das plantacións do Concello de Ponteceso (publicada no BOP nº 187, do 1 de outubro de 2018), por non proceder á xestión da biomasa na parcela urbana con ref. catastral 9176943NH0887N0001PX cos criterios establecidos nesta ordenanza, unha vez notificada a súa obriga e despois de serlles notificada a valoración do seu custo, cando exista risco inminente de incendio para as vivendas e persoas, propoñéndose unha sanción por importe de 601,00 €, en aplicación do artigo 17.1.b) da ordenanza, xa que intentada a notificación no último domicilio coñecido dos interesados, esta non se puido practicar.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio, para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes á súa defensa, segundo o establecido no artigo 89 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, poderán examinar, dentro deste prazo, o expediente nas oficinas xerais do Concello de Ponteceso, das 9.00 ás 14.00 horas, todos os días laborables, para os efectos de coñecer o seu contido íntegro.

O órgano competente para resolver o expediente é o alcalde ou concelleiro no que delegue, segundo o previsto no artigo 12 da citada ordenanza municipal.

Ponteceso, 3 de maio de 2021

Xosé Lois García Carballido
Alcalde