Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 25 de maio de 2021 Páx. 25948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMTS CTC Rúa Figueiras, no concello de Vigo, do que resulta como beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. (expediente IN407A 2020/128-4).

A instalación denominada LMTS CTC Rúa Figueiras, no concello de Vigo, foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 12 de xaneiro de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o día 10 de xuño de 2021, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo.

Os interesados recibirán unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lles comunicarán a data e a hora en que deberán presentarse nos seus predios, informándoos de que poderán ir acompañados por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o consideran conveniente.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 27 de abril de 2021

O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 36.3 en relación co 37.1 do Decreto 230/2020, do 23 de decembro)
Eugenio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

LMT CTC Rúa Figueiras, Vigo.

Referencia catastral

Lugar

Cultivo

Nome
e apelidos

m² solo

m² servidume de paso soterrada

Concello

1

8354445NG2785S0001FM

Rúa Figueiras. Cabral

Solo sen edificar

Descoñecido

16,81

16,60

Vigo