Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 25 de maio de 2021 Páx. 25950

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 9 de abril de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a actualización do Proxecto de explotación, Plan de restauración e estudo de impacto ambiental da concesión de explotación Monte Agriño II, número 6976.1, situada no concello de Lousame, para a ampliación do oco de explotación, promovido pola sociedade Prebetong Áridos, S.L.U.

En cumprimento do disposto no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental, así como no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, e no artigo 23.4 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, esta Xefatura Territorial

ACORDA:

Someter ao trámite de información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o «Proxecto de explotación, Plan de restauración e estudo de impacto ambiental para a ampliación do oco de explotación da concesión de explotación Monte Agriño II, núm. 6976.1, sita no termo municipal de Lousame, provincia da Coruña», promovido pola sociedade titular da concesión de explotación, Prebetong Áridos, S.L.U.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación atópase dispoñible ao público, para a súa consulta, nas dependencias da sección de Minas desta Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico seccion.minas.coruna@xunta.es ou nos teléfonos 981 18 49 24 e 881 88 10 78), así como no concello de Lousame. Tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación na Coruña, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria, prevista na Lei 21/2013, do 9 de decembro, a que está sometido o presente proxecto, cuxa autorización compete, como órgano substantivo, á Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, ao abeiro do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

A Coruña, 9 de abril de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña