Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 24 de maio de 2021 Páx. 25717

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 440/2019).

Eu, Pomba Recalde Álvarez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 440/2019 deste Xulgado do Social, seguido a instancia de Clemente Cea Gosenge, Manuel García Gómez contra Enasa System, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Clemente Cea Gosenge e Manuel García Gómez contra Enasa System, S.L., debo condenar e condeno a mercantil Enasa System, S.L. a abonarlle a cada un dos demandantes a suma de 3.847,30 euros netos, polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta sentenza, máis o interese do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais (que comportan 3.718,79 euros netos) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da Lac a partir da presente resolución, e o interese do artigo 1108 do Código civil sobre a indemnización por fin de contrato (que comporta 128,51 euros netos) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da Lac a partir da presente resolución.

No que incumbe a responsabilidade do Fogasa non ha lugar á súa condena nesta instancia, debendo aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET con notificación desta resolución.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Enasa System, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza